Negasso Gidada
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 3 de setembro de 1943 Dembi Dollo |
| Morte | 27 de abril de 2019 Frankfurt |
| Causa da morte | doenza |
| Member of the House of People's Representatives of Ethiopia (en) | |
| 2005 – 2019 | |
| 22 de agosto de 1995 – 8 de outubro de 2001 ← Meles Zenawi – Girma Wolde-Giorgis → | |
| Datos persoais | |
| Relixión | Protestantismo |
| Educación | Universidade de Frankfurt |
| Actividade | |
| Ocupación | político, historiador, ministro |
| Empregador | Universidade de Addis Abeba |
| Partido político | Fronte Democrática Revolucionaria do Pobo Etíope |
| Familia | |
| Cónxuxe | Regina Abelt |
Negaso Gidada, nado en Dembi Dollo o 3 de setembro de 1943 e finado en Frankfurt o 27 de abril de 2019, foi un político etíope, que foi presidente de Etiopía de 1995 a 2001.
Pertencente á etnia oromo, chegou á presidencia despois de que o seu predecesor, Meles Zenawi se convertese en primeiro ministro tras as primeiras eleccións democráticas do país. Foi substituído por Girma Wolde-Giorgis tralas eleccións de 2001.
Era Doutor en Historia pola Universidade de Frankfurt (1984). A súa tese doutoral sobre historia oromo foi publicada baixo o título History of the Sayyoo Oromoo of Southwestern Wallaga, Ethiopia, from about 1730 to 1886.
| Predecesor: Meles Zenawi |
Presidente de Etiopía 1995-2001 |
Sucesor: Girma Wolde-Giorgis |
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |