Saltar ao contido

Nebulosa da Tarántula

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nebulosa da Tarántula
 Instancia de
 Parte de
 Composto por
 Época
 Constelación
Características orbitais
Ascensión recta84,65 ° Editar o valor en Wikidata
Declinación−69,08639 ° Editar o valor en Wikidata
Características físicas
Distancia da Terra179.000 a.l. Editar o valor en Wikidata
Magnitude aparente8 Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
 Descubridor/a
Datas e cronoloxía
 Data descuberta
1751 Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/01tbtm Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata C:Commons

A Nebulosa da Tarántula (tamén coñecida coma 30 Doradus, ou NGC 2070) é unha rexión H II da Gran Nube de Magallanes, encadrada na constelación austral do Peixe Dourado. Orixinalmente pensouse que era unha estrela, pero no ano 1751, Nicolas Louis de Lacaille recoñeceu a súa natureza nebulosa.

Características

[editar | editar a fonte]

A Nebulosa da Tarántula ten unha magnitude aparente de 8. Considerando a súa distancia duns 49 kpc[1] (160 000 anos luz), este é un obxecto non estelar moi luminoso. A súa luminosidade é moi grande: se a comparamos coa Nebulosa de Orión, se a Nebulosa da Tarántula estivese tan próxima á Terra coma a Nebulosa de Orión, a Nebulosa da Tarántula sería capaz de xerar sombras no noso planeta. De feito, é a rexión máis activa de formación estelar dentro do Grupo Local de galaxias. Tamén é a rexión deste tipo máis grande dentro do Grupo Local cun diámetro estimado de 200 pc.[2] A nebulosa reside na beira de avance da Gran Nube de Magallanes, onde a presión de avance comprime o medio interestelar. No seu núcleo descansa o cúmulo R136 (dun diámetro aprox. de 35 anos luz)[3] que produce a meirande parte da enerxía que fai visible a nebulosa. A masa deste cúmulo é dunhas 450 000 masas solares, suxerindo que nun futuro se vaia a converter nun cúmulo globular.[4]

Ademais do cúmulo R136, a Nebulosa da Tarántula tamén contén un cúmulo máis vello, catalogado coma Hodge 301, cunha idade comprendida entre os 20 e 25 millóns de anos. A estrela máis masiva que existía neste cúmulo estourou coma supernova.[5] Esta foi a supernova observada que estaba máis preto da Terra dende a invención do telescopio,[6] a Supernova 1987A, que ocorreu na parte exterior da Nebulosa da Tarántula.

A nebulosa é a maior fábrica de estrelas coñecida na nosa zona do universo.[7]

O cúmulo novo de RMC 136a
  1. "SEDS Students for the Exploration and Development of Space". Results for Tarantula Nebula. Arquivado dende o orixinal o 08-05-2007. Consultado o 08-05-2007. 30 Doradus .. 49 kpc +- 3 kpc
  2. Lebouteiller, V.; Bernard-Salas, J.; Brandl, B.; Whelan, D. G.; Wu, Yanling; Charmandaris, V.; Devost, D.; Houck, J. R. (xuño do 2008). "Chemical Composition and Mixing in Giant H II Regions: NGC 3603, 30 Doradus, and N66". The Astrophysical Journal 680 (1): 398–419. Bibcode:2008ApJ...680..398L. doi:10.1086/587503.
  3. Massey, P ; Hunter, D. (xaneiro de 1998). "Star Formation in R136: A Cluster of O3 Stars Revealed by Hubble Space Telescope Spectroscopy". The Astrophysical Journal 493 (1): 180. Bibcode:1998ApJ...493..180M. doi:10.1086/305126.
  4. Bosch, Guillermo; Terlevich, Elena; Terlevich, Roberto (2009). "Gemini/GMOS Search for Massive Binaries in the Ionizing Cluster of 30 Dor". Astronomical Journal 137 (2): 3437–3441. Bibcode:2009AJ....137.3437B. doi:10.1088/0004-6256/137/2/3437.
  5. Grebel, Eva K.; Chu, You-Hua (2000). "Hubble Space Telescope Photometry of Hodge 301: An "Old" Star Cluster in 30 Doradus". Astronomical Journal 119 (2): 787–799. Bibcode:2000AJ....119..787G. arXiv:astro-ph/9910426. doi:10.1086/301218.
  6. SPACE.com, ed. (21-03-2011). "Tarantula Nebula's Cosmic Web a Thing of Beauty". Consultado o 26-03-2011.
  7. "A massive laboratory". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2020-03-19.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
  • R136, gran cúmulo estelar da Nebulosa da Tarántula.
  • Hodge 301, outro cúmulo estelar dentro da Nebulosa da Tarántula.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]