Nea Kameni

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Nea Kameni
Νέα Καμένη
Nea Kameni 68.jpg
Vista da illa desde Santorini
Nea Kameni en Grecia
Nea Kameni
Nea Kameni
Localización da illa
Situación
PaísGrecia Grecia
Periferias de GreciaExeo Meridional
ArquipélagoCícladas
MarMar Exeo
Coordenadas36°24′N 25°24′L / 36.400, -25.400Coordenadas: 36°24′N 25°24′L / 36.400, -25.400
Xeografía
XeoloxíaIlla volcánica
Superficie3´338 km²
Longura máxima2 km.
Largura máxima2 km.
Punto máis alto127 m.
Demografía
PoboaciónDeshabitada

Néa Kaméni, en grego Νέα Καμένη, é unha pequena illa volcánica deshabitada de Grecia situada no mar Exeo, no centro da caldeira inundada de Santorini. Constitúe a parte activa do volcán que deu nacemento ás illas actuais do arquipélago de Santorini.

Nea Kameni e o veciño illote de Palea (ou Palia) Kameni (a nova e vella illas queimadas) formáronse nos últimos dous milenios polas repetidas erupcións de lava dacita e cinzas. O historiador romano Cassius Dio rexistrou no ano 47 dC "Este ano, un pequeno illote, ata agora descoñecido, apareceu preto da illa de Thera (Santorini)."[1] as principais erupcións nos últimos 300 anos tiveron lugar en 1707-1712, 1866-1870 (fusionouse co illote de Mikri Kaméni), 1925-1928, e 1939-1941. A última erupción, pequena, sucedeu en 1950 e involucrou a extrusión da cúpula de lava.[2]

Nea Kameni é case redonda e ten unha diámetro de aproximadamente 2 quilómetros e unha superficie de 3´4 km². Nea Kameni é monitoreada de cerca polos científicos do Instituto para o Estudo e Seguimiento do volcán de Santorini (ISMOSAV)[3] e é un sitio científico protexido. A illa ten moitas chemineas activas de xofre, así como unha alfombra de herbas vermellas suculentas no delgado chan no verán.

A illa, case estéril, é visitada diariamente por decenas de embarcacións de turistas durante todo o verán. Os visitantes soben un camiño de grava para chegar á cima dos 130 metros de altura do cráter, onde é posible completar un circuíto completo da coroa.

Galería[editar | editar a fonte]

A caldeira de Santorini, con Nea Kameni no centro
O cráter volcánico de Nea Kameni
Barcos amarrados a grandes rochas de lava

Referencias[editar | editar a fonte]

  1. Dio's Roman History, Epitome of Book LXI.7.
  2. "Global Volcanism Program | Santorini | Eruptive History". Volcano.si.edu. Consultado o 2012-03-04. 
  3. Institute for the Study and Monitoring of the Santorini Volcano Arquivado 13 de abril de 2009 en Wayback Machine. Retrieved 2009-05-17

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]