Natalia Vavilova
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (ru) Наталья Дмитриевна Вавилова ![]() 26 de xaneiro de 1959 ![]() Moscova, Rusia ![]() |
Educación | Instituto Gerasimov de Cinematografía ![]() |
Actividade | |
Ocupación | actriz ![]() |
Período de actividade | 1974 ![]() |
![]() ![]() |
Natalia Dmitrievna Vavilova (ruso: Наталья Дмитриевна Вавилова, nada en Moscova o 26 de xaneiro de 1959, é unha actriz rusa.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Criouse na avenida de Lenin, seu pai traballaba no corpo diplomático[1]. Vavilova comezou a súa carreira como actriz á idade de catorce anos, debutou no filme Takie Vysokie Gory (1974) de Iulia Solntseva[2] e comezou a se facer coñecida pola súa interpretación da escolar Taya Petrova no filme Rozygrysh (1976) de Vladimir Menshov. En 1984 graduouse no Instituto Gerasimov de Cinematografía, no que estudou baixo a dirección de Evgenii Matveev, un aclamado actor e director[3]. O éxito e a fama chegáronlle co papel de Aleksandra Tikhomirova no filme que logrou o Oscar ao mellor filme estranxeiro Moskva slezam ne verit en 1980[4].
En 1986 mentres rodaba o filme histórico Nikolai Podvoiski, caeu dun cabalo e sufriu un traumatismo da columna vertebral. A súa derradeira película foi un traballo para a televisión, en 1991, Delo Sukovo-Kobylina e logo viviu retirada da esfera pública co seu marido, o director de cine Samvel Gasparov, nunha casa a doce quilómetros de Moscova ata a morte del o 26 de maio de 2020 a causa da pandemia de coronavirus[5].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Наталья Вавилова Готова Вернуться". Ekspress Gazetta. 4 de febreiro de 2009.
- ↑ "Муж «Александры» - режиссер Самвел Гаспаров: Серьезные актрисы проституток не играют!". Komsomolskaia Pravda. 15 de xullo de 2002.
- ↑ "МАТВЕЕВ Евгений Семенович". rusactors.ru.
- ↑ "НАТАЛЬЯ ВАВИЛОВА". kino-teatr.ru.
- ↑ "Муж звезды «Москва слезам не верит» умер от коронавируса". 7Дней. 29 de maio de 2020.