Natalia Junquera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Natalia Junquera
Nacementodecembro de 1981
Lugar de nacementoA Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista
editar datos en Wikidata ]

Natalia Junquera Añón, nada na Coruña en decembro[1] de 1981, é unha xornalista e escritora galega en lingua castelá.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciouse en Xornalismo, e fixo un mestrado de xornalismo na Universidad Autónoma de Madrid, coa esponsorización do xornal El País. Traballou como xornalista na radio (Cadena SER), na televisión (Antena 3)[2] e especialmente en prensa escrita, inicialmente en La Voz de Galicia e desde 2006 en El País.

Algunhas das súas principais investigacións viran ao redor da memoria: as vítimas do franquismo e as tramas de nenos roubados da España das décadas do sesenta e setenta.

Obra[editar | editar a fonte]

  • Vidas robadas (Aguilar, 2011)
  • Valientes. El relato de las víctimas del franquismo y de los que les sobrevivieron (Aguilar, 2013). Con prólogo de Baltasar Garzón.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Natalia Junquera". Natalia Junquera (en castelán). Consultado o 2021-04-28. 
  2. "Natalia Junquera". Traficantes. Consultado o 28/4/2021.