Nasushiobara (那須塩原市, なすしおばらし, Nasushiobara-shi) é un concello da prefectura de Tochigi no Xapón. Está situado ao norte da rexión de Kantō e ao norte da prefectura, na parte leste da illa de Honshū. A súa superficie é de 592,82km², a poboación é de 116.437 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 196 h/km².
A cidade de Nasushiobara foi fundada pola fusión do concello da cidade de Kuroiso e dous concellos de vilas do distrito de Nasu ( Shiobara e Nishinasuno) no ano 2005.