Nasi (en hebreo:נָשִׂיא) é un termo que significa "príncipe" en hebreo bíblico. En hebreo moderno, nasi equivale a "presidente", e non se utiliza no seu sentido antigo, quedando para "príncipe" a palabra nasich.
O Nasi era o membro con maior rango e o que presidía o Sanedrín, mesmo cando se reunía como tribunal penal.[1] O cargo foi creado no ano 191 a. C., cando o Sanedrín perdeu a confianza na capacidade dos Sumos Sacerdotes para dirixirlle. Os romanos recoñeceron ao Nasi como "Patriarca dos Xudeus", e esixiron que todos os xudeus pagasen un imposto para o mantemento do cargo, que foi clasificado dentro da xerarquía oficial romana nun posto alto.
Segundo a Halakha, o Nasi era encargado de realizar algúns anuncios como o de proclamar en anos bisestos (שנה מעוברת, shaná me'ubéret) o décimo terceiro mes (אדר ב, Adar bet) ata que Hillel II, publicou no século IV unhas regras para o cálculo do calendario xudeu.[2]
O rabino Yehudá Hanasí, da liñaxe de David, foi un dos máis coñecidos por redactar a Mishná. Descendente de David, recibiu o título de príncipe.[3]
Gamaliel VI foi o último Nasi, executado no ano 425 por orde de Teodosio II, por autorizar a construción de novas sinagogas en contra das leis ditadas por Honorio en occidente e por el mesmo en oriente, e a continuación suprimiu o cargo. Con todo, o imposto seguiu cobrándose e ingresábase no tesouro imperial.
O rabino Adin Steinsaltz é o actual Nasi, nun intento de restablecer no xudaísmo tanto un Tribunal Superior de Xustiza como tribunais menores.