Narración e publicidade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A publicidade, se ben moitas veces ten finalidades expositivas ou argumentativas e pretende a descrición dun produto, recorre á narración ó permitir esta, mediante pequenas historias, fundamentar con verosimilitude a utilidade e virtudes do anunciado e mesmo exemplificar as consecuencias da súa carencia.

Por motivos procedementais, a narración publicitaria achégasenos máis mediante os medios que permiten captar a imaxe en movemento ca en xornais, carteis, valados e outros medios impresos. Con todo, a imaxe fixa pode ter un aspecto durativo que implique unha explicación ou suxira un percorrido temporal.

Características da Narración publicitaria[editar | editar a fonte]

  • Emprego de slogans
  • A trama narrativa e mínima e sintética, pois o relato desenvólvese en moi curto espazo de tempo, e o ritmo narrativo, rápido.
  • A trama vese determinada por
    • O tipo de produto.
    • O público ó cal vai dirixido.
  • É frecuente unha estrutura argumental do tipo:
    • Personaxes en conflito.
    • Solución mediante o produto que se pretende promocionar-
  • Os personaxes son planos, algunhas veces colectivos, ou caricaturescos, ou tipo (véxase Personaxes en Wikibooks)
  • Presenza de valores e antivalores sociais (racismo, sexismo, machismo...)
  • O espazo é simbólico: achega valores e está en estreita relación co público ó que vai dirixido o produto