Narnia
Narnia é un mundo fantástico creado polo autor norteirlandés C.S. Lewis como lugar para a acción d´As Crónicas de Narnia, unha serie de sete libros infantís.
Narnia[editar | editar a fonte]
Narnia
"As Crónicas de Narnia" ocorre. É un nome utilizado non só para se referir ao mundo máxico, paralelo ao noso, mais tamén para se referir a un país específico dese mundo, como describe o fauno Sr. Tumnus en O León, A Feiticeira e o Gardarroupa: Narnia son as terras entre o poste de luz (o Ermo do Farol) e o castelo de Cair Paravel.
Ao sur do país de Narnia, separados por un deserto, está a Calormania, que ten capital en Tashbaan. Narnia tamén ten fronteira ao sur coa Arquelandia (que ten capital en Anvar) e ao norte con Ettin, a terra dos xigantes. Ao leste está o grande océano oriental. Nel están as Illas Solitarias, que tamén forman parte das terras de Narnia.
Habitantes[editar | editar a fonte]
Hai diversas razas habitando o mundo de Narnia. Alén dos humanos hai tamén ananos, xigantes e diversas criaturas mitolóxicas.
Ananos[editar | editar a fonte]
A pesar dos libros só relataren a presenza de ananos, tamén hai ananos renegados que son mestizos con humanos. Iso lévanos a crer que tamén existen ananas. Exemplos de ananos citados son Nikabrik, un anano negro e Trumpkin, un anano vermello. Ambos aparecen en O Príncipe Caspian.
Animais Falantes[editar | editar a fonte]
Hai diversas especies de animais falantes, desde roedores até lobos e cabalos. A pesar destes animais se pareceren cos que encontramos no noso mundo, posúen algunhas diferenzas alén da habilidade de falar. Por exemplo o tamaño diferente dos animais que non saben falar e a habilidade de pensar. Os animais que falan economizan os servizos con respecto ao intelecto atribuído a eles no momento da creación de Narnia.
Exemplos de animais falantes citados nos libros son Maugrín -o lobo xefe da policia en O León, A Feiticeira e o Gardarroupa-, Caza-trufas -un teixugo- e Ripchip -un rato-, e todos eles aparecen n´O Príncipe Caspian.
Criaturas Mitolóxicas[editar | editar a fonte]
Innúmeras criaturas mitolóxicas tamén habitan o mundo de Narnia, gran parte vida da mitoloxía grega. Hai tamén criaturas que son creación do propio C.S. Lewis. Por exemplo, Sr. Tumnus que aparece n´O León, A Feiticeira e o Gardarroupa é un fauno.
Hai tamén outros personaxes importantes que frecuentan Narnia como Papá Noel, Baco e Tash.
Exemplos de criaturas mitolóxicas que viven en Narnia son faunos, centauros, dríades, náiades, minotauros, ogros, dragóns, unicornios e sátiros.
Feiticeiras[editar | editar a fonte]
Aparecen dúas feiticeiras en Narnia en dúas épocas distintas:
-A primeira é a Feiticeira Branca, tamén coñecida como Xadis, emperatriz de Charn. Esta feiticeira estivo presente en Narnia desde a súa creación, conforme se narra n´O Sobriño do Mago, sendo raíña até que Aslan a venceu en O León, A Feiticeira e o Gardarroupa.
-A segunda é a Feiticeira Verde, que aparece n´A Cadeira de Prata, que posuía planos para conquistar Narnia.
Outras criaturas[editar | editar a fonte]
Outras tres criaturas son os paulamas, como o pesimista Brexeiro, personaxe de A Cadeira de Prata, os terrícolas habitantes do mundo inferior que tamén aparecen en A Cadeira de Prata e os tontópodes encontrados nunha illa n´A Viaxe do Peregrino da Alborada.
Aslan[editar | editar a fonte]
Aslan é o León redentor de Narnia, responsábel da súa creación e por decretar o seu fin. Creou Narnia a través do seu canto, relatado n´O Sobriño do Mago. É referenciado como fillo do Emperador de Alén Mar e aparece en Narnia cando o país precisa de axuda.
N´O León, A Feiticeira e o Gardarroupa Aslan sacrifícase no lugar de Edmundo, pois a este último a Feiticeira Branca desexaba sacrificalo como traidor. Porén, como profundo coñecedor das maxia profunda que rexe en Narnia desde a creación, el resucita despois de ser morto.
Tempo[editar | editar a fonte]
O tempo en Narnia non pasa da mesma forma que no noso mundo. En xeral pasa moito máis rápido en Narnia, como pode observarse n´O León, A Feiticeira e o Gardarroupa, cando os nenos crecen en Narnia, mais ao retornaren ao noso mundo practicamente non pasara o tempo.
A idea de que o tempo pasa de maneira diferente en Narnia e no noso mundo é de certa forma baseada na Teoría da Relatividade de Einstein.
A través dos eventos nos libros pdese deducir unha cronoloxía aproximada en anos narnianos:
- O Sobriño do Mago: Ano 1
- Chegada dos telmarinos a Telmar: Ano 460
- O León, A Feiticeira e o Gardarroupa: Ano 1000
- O Cabalo e o seu Meniño: Ano 1014
- Fin da época de ouro: Ano 1015
- O Príncipe Caspian: Ano 2303
- A Viaxe do Peregrino da Alborada: Ano 2306
- A Cadeira de Prata: Ano 2376
- A Última Batalla: Ano 2575
Xeografía[editar | editar a fonte]
Narnia é un mundo plano e non esférico como o noso, conforme narrado n´A Viaxe do Peregrino da Alborada. No limiar do mundo de Narnia o ceo e o mar encóntranse, e alén de alí está a terra de Aslan. O solo é unha capa morta como a pel que recobre o noso corpo, pero máis no interior da terra as rochas tamén son criaturas vivas.
Reis e Raíñas[editar | editar a fonte]
Os seguintes reis e raíñas cítanse ao longo da serie:
- Rei Franco e Raíña Helena (coroados por Aslan como primeiros reis de Narnia)
- Raíña Xadis, A Feiticeira Branca (que non era unha raíña lexítima)
- Rei Pedro, Raíña Susana, Rei Edmundo e Raíña Lucía (reinando xuntos na Época de Ouro)
- Rei Caspian IX
- Rei Miraz e Raíña Prunaprismía
- Rei Caspian X
- Rei Rilian
- Rei Erlian (pai de Tirian)
- Rei Tirian (o último rei de Narnia)
Esta lista non contén todos os reis e raíñas, pois dise que houbo innúmeros reis e raíñas ao longo da historia de Narnia.