Najd

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Vista do Tuwaiq dende o oeste
O Najd situado sobre as provincias sauditas

O Najd (árabe: نَجْدٌ, [nad͡ʒd]) ou Nejd é unha rexión xeográfica da parte central da península arábiga que conta con aproximadamente un terzo da poboación de Arabia Saudita.[1] Trátase dunha meseta que se eleva entre os 762 e os 1525 m sobre o nivel do mar. A zona oriental da rexión foi o hábitat habitual dos beduínos. A cidade máis importante é Riad, capital de Arabia Saudita.

Historia[editar | editar a fonte]

A rexión foi arrebatada á administración otomá polos guerreiros wahabitas de Abd al-Aziz ibn Abd ar-Rahman ibn Saud, entre 1899 e 1912. Dende alí, organizados como un sultanato independente, os sauditas lanzáronse á conquista doutras rexións de Arabia, especialmente do Hiyaz, que se anexionaron en 1924. En 1932 a todos os territorios conquistados pola casa de Saud a partir do seu feudo orixinal do Najd déuselles o nome de Reino de Arabia Saudita.

Tradicionalmente a maior parte da elite gobernante saudita procedía do Najd. Á súa vez esta rexión é unha das rexións máis conservadoras de Arabia Saudita, onde se orixinou a ideoloxía wahabita que foi empregada pola monarquía saudita como ideoloxía oficial. Durante algunhas décadas mesmo houbo restricións para que as mulleres do Najd casasen con homes musulmáns doutras rexións de Arabia Saudita.

Economía[editar | editar a fonte]

Moeda española de Carlos III con lenda en árabe que circulou no territorio do Najd.

Tanto a economía como o comercio do Najd recibiron un gran pulo a partir da construción do canal de Suez, que foi inaugurado o 17 de novembro de 1869. Durante esa época gran cantidade de moedas estranxeiras circularon libremente por todo o territorio, pero durante a segunda guerra mundial, a falta de moedas en circulación fixo que todas esas pezas estranxeiras fosen marcadas cun punzón que levaba a lenda "Najd" en árabe; deste xeito o valor de devanditas moedas pasaba a ser de 1 piastra. Coñécense rupias inglesas, táleros austríacos, francos franceses, reais de oito españois e 960 reis brasileiros con esta marca.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Saudi Arabia Population Statistics 2011" (PDF) (en árabe). p. 11. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de novembro de 2013. 
  2. José Antonio de la Fuente: "La plata de la Nao de China", Museo de Arte Oriental de Salamanca, imprenta comercial Segovia, 2008.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Prothero, G. W. (1920). Arabia. Londres: H.M. Stationery Office. p. 99.