L'asturianu muévese

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

L'asturianu muévese é un álbum musical editado por Discos L'Aguañaz en 1997. O principal obxectivo da súa publicación é a reivindicación en Asturias de converter o asturiano en lingua oficial, mediante a música principalmente rock, con músicos de todo o estado cantando en asturiano. Sae ao mercado coincidindo co Día das Letras Asturianas.

Historia[editar | editar a fonte]

A idea de xuntar a músicos de todo o estado para que cantasen os seus temas en asturiano parte do vocalista do grupo Dixebra, Xune Elipe. L'Aguañaz, selo discográfico do que el é responsable, corre coa produción. E Xune vai viaxando por toda España para gravar cos grupos que van aparecer no álbum.

Cancións[editar | editar a fonte]

Intérprete Título Canción orixinal Orixe
1 Os Diplomáticos de Monte-Alto Yo quiero ser gaiteru Gaiteiro Galicia
2 Jesús Cifuentes El caimán verde El caimán verde sigue vivo Castela
3 Dixebra Nun llores (tema inédito) Asturias
4 Avientu Estrelles ensin nome (tema inédito) Asturias
5 Ixo Rai! María María Aragón
6 Joxe Ripiau Margarita Margarita País Vasco
7 Siniestro Total Collaciu Junco Partner (The Clash) Galicia
8 Brams Fieles a la utopía Fidels a l'utopía Cataluña
9 Rastreros La de la vaca A da vaca Galicia
10 La Polla Ensin salida Sin salida País Vasco
11 Boikot Dopaxe Dopaje Madrid
12 Heredeiros da Crus Frenazu nel calzonciellu Frenaso no calsonsillo Galicia
13 Los Enemigos Señor Correutu Sr. Correcto Madrid
14 Koma Equí güel comu que fumaron Aquí huele como que han fumao Navarra
15 Su ta Gar Dioses del terror Beldurraren jainkoak País Vasco
16 Π L.T. Diós yá morrió Hil da jainkoa País Vasco
17 Anarquía Positiva Si España qu'españe (orixinal) Asturias
18 Nación Reixa Gripe Gripe Galicia / País Vasco
19 Matamala Nueche na ciudá City Night Life Cataluña
20 Toli Morilla Vas matame Tú me matas Asturias