Nó suevo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
A testa de Osterby co nó suevo.
Escena dunha batalla do Trofeo de Adamclisi: un lexionario romano loita contra un dacio mentres un guerreiro xermánico cun nó suevo xace ferido no chan.

O nó suevo (alemán: Suebenknoten) é un peiteado masculino histórico atribuído ó pobo xermánico dos suevos. O nó é descrito por Tácito na súa obra Xermania, tamén aparece na arte, en representacións dos pobos xermánicos e en corpos momificados de pantanos.

Xermania[editar | editar a fonte]

Segundo a Xermania de Tácito, os guerreiros suevos peiteaban o seu cabelo cara atrás ou os lados e atábano nun nó, co suposto obxectivo de semellar meirandes e máis impoñentes no campo de batalla. Tácito tamén fala de que este estilo espallouse entre os guerreiros máis novos das tribos xermánicas veciñas, mentres que entre os suevos, o nó era levado polos homes vellos como un símbolo de status, que "distingue ós homes libres dos escravos", sendo os nós máis artísticos levados polos nobres máis poderosos.[1]

Rexistros arqueolóxicos[editar | editar a fonte]

Os nós suevos foron descubertos en varios corpos conservados en pantanos:

No ano 2000, na costa do Mar Báltico en Czarnowko, preto de Lębork, Polonia, atopouse un caldeiro de bronce que representaba a homes levando o nó suevo.[4]

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Germania". www.ourcivilisation.com. Arquivado dende o orixinal o 07 de setembro de 2013. Consultado o 19 de decembro de 2013. 
  2. Deem, James M (2003). Bodies from the Bog. Houghton Mifflin Harcourt. 
  3. Datgen Man Arquivado 03 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine.. Mummytombs.com. Consultado o 30 de maio de 2012.
  4. M. Macynska, D. Rudnicka, Abstract: A grave with Roman imports from Czarnówko, Lębork district, Pomerania, Poland [1] Arquivado 07 de agosto de 2007 en Wayback Machine.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]