Saltar ao contido

Níscaro de sangue

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Níscaro de sangue


Clasificación científica
Reino: Fungi
División: Basidiomycota
Orde: Russulales
Familia: Russulaceae
Xénero: Lactarius
Especie: L. sanguifluus
Nome binomial
'Lactarius sanguifluus'
(Paulet) Fr. (1838)
Sinonimia

Hypophyllum sanguifluum Paulet (1811)
Lactifluus sanguifluus (Paulet) Kuntze (1891)

O níscaro de sangue[1] (Lactarius sanguifluus) é unha especie de fungo da familia Russulaceae que produce cogomelos comestibles. Atópase por Asia e Europa. Cando rompe ou se corta, desprende un látex de cor viño que pasa a cor verdososa coa exposición ao aire. O sombreiro do cogomelo é de cor alaranxada ou marrón arroibada con zonas concéntricas de cor máis escura, e vai adquirindo forma de embude segundo vai madurando. Os cogomelos poden atoparse illados ou en grupos principalmente nas proximidades de coníferas.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre botánica é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

  1. "Dicionario de alimentación e restauración" (PDF). p. 169. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11 de abril de 2016. Consultado o 30 de decembro de 2016. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]