Saltar ao contido

Myroslav Slaboshpytskyi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMyroslav Slaboshpytskyi

(2015) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(uk) Мирослав Михайлович Слабошпицький Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento17 de outubro de 1974 Editar o valor en Wikidata (49 anos)
Kíiv, Ucraína Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Nacional de Teatro, Cinema e Televisión de Kíiv Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoDirección de cine Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónrealizador, produtor de cinema, director de cinema, guionista, actor Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
Obras destacables
Premios

IMDB: nm2990632 Allocine: 422069 Allmovie: p255436
Facebook: slaboshpytskiy Telegram: myrekfilm Editar o valor en Wikidata

Myroslav Mykhailovych Slaboshpytskyi (en ucraíno: Мирослав Михайлович Слабошпицький), nado en Kíiv o 17 de outubro de 1974, é un director de filmes ucraíno.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Slaboshpytskyi é fillo do escritor ucraíno e crítico literario Mykhailo Slaboshpytskyi. Até 1982 viviu en Lviv.

Slaboshpytskyi graduouse na Universidade Nacional de Teatro, Cine, e Televisión de Kíiv centrándose na dirección de cine e televisión. Traballou como reporteiro e escribiu guións para cine e televisión. A comezos da década de 1990 traballou nos Estudios de cine Dovzhenko.

Desde o ano 2000 é membro da Asociación ucraína de Cineastas. Foi vicepresidente da Asociación de Xoves Cineastas de Ucraína.

En 2006 rodou a súa primeira curtametraxe Жах (O incidente), seleccionado en festivais de dezasete países.[1]

A súa segunda curtametraxe Діагноз (Diagnose) competiu polo Oso de Ouro na Berlinale en 2009, e ó ano seguinte o director foi seleccionado novamente pola súa curta Глухота (Sordeira).[1]

En 2014 Slaboshpytskyi deuse a coñecer coa súa película “A Tribo” que se estreou no Festival de Cine de Cannes. A película está feita completamente en lingua de signos ucraína sen subtitulos. Gañou o Gran Premio Nespresso, así como o Premio para Visionarios de Francia 4 e o Premio de Apoio á Distribución da Fundación Gan na sección da Semana Internacional da Crítica no Festival de Cannes de 2014.

O 24 de outubro de 2018 deuse a coñecer que Myroslav Slaboshpytskyi foi escollido para dirixir a película Tigre. A película está baseada no libro de non ficción de 2010 de John Vaillant. Focus adquiriu os dereitos do libro en 2010 e a, comezos do proxecto, considerouse como un traballo para participación de Brad Pitt coa dirección de Darren Aronofsky. Ao final os dous decidiron ficar como produtores e deixar a dirección a Slaboshpystskyi.[2]

Películas

[editar | editar a fonte]

Como director

[editar | editar a fonte]
  • 2006 : Жах (O Incidente, curtametraxe)
  • 2009 : Діагноз (Diagnose, curtametraxe)
  • 2010 : Глухота (Sordeira, curtametraxe)
  • 2010 : Мудаки. Арабески, (Mudaki. Arábica, curtametraxe)
  • 2012 : Ядерні відходи (Lixo nuclear, curtametraxe)
  • 2012 : Україно, goodbye!, (Ucraína, adeus!, curtametraxe)
  • 2014 : Плем'я (A Tribo)
  • TBA : Luxembourg (Luxemburgo)

Como guionista

[editar | editar a fonte]
  • 2009 : Діагноз (Diagnose, curtametraxe)
  • 2010 : Глухота (Sordeira, curtametraxe)
  • 2012 : Ядерні відходи (Lixo nuclear, curtametraxe)
  • 2014 : Плем'я (A Tribo)
  • TBA : Luxembourg (Luxemburgo)

Como produtor

[editar | editar a fonte]
  • 2006 : Жах (O Incidente, curtametraxe)
  • 2009 : Діагноз (Diagnose, curtametraxe)

Como decorador

[editar | editar a fonte]
  • 2006 : Жах (O Incidente, curtametraxe)

Como editor

[editar | editar a fonte]
  • 2009 : Діагноз (Diagnose, curtametraxe)

Como actor

[editar | editar a fonte]
  • 1995 : Сторож (O Garda, curtametraxe)
  • 1999 : Поет та княжна (O poeta e a princesa)
  1. 1,0 1,1 "Un film ukrainien primé au Festival de Cannes". La France en Ukraine. 23 de maio de 2014. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 2 de setembro de 2014. 
  2. ‘The Tribe’ Director to Helm ‘Tiger’ For Focus (EXCLUSIVE)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]