Saltar ao contido

Museo de Historia da Automoción de Salamanca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Museo de Historia da Automoción de Salamanca
Salamanca Editar o valor en Wikidata
 Nome orixinal
    Museo de Historia de la Automoción de Salamanca (es)   Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
Datas
 Fundación / creación
2002 Editar o valor en Wikidata
 Inauguración
setembro de 2002 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Códigos e identificadores
OpenStreetMap11226095 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata C:Commons

O Museo de Historia da Automoción de Salamanca é o primeiro museo público de España adicado ao motor. Inaugurado a finais de setembro de 2002 polos reis de España Xoán Carlos I e Sofía,[1] conta nos seus fondos con máis de 200 automóbiles históricos, algúns únicos, así como milleiros de accesorios relacionados co automóbil. O museo localízase fronte á Casa Lis, nun edificio que foi a primeira planta de produción de electricidade que tivo Salamanca.

Características

[editar | editar a fonte]

Dentro das 90 pezas expostas, que van rotando entre as preto de 240 que posúe a colección, pódese gozar dalgunhas xoias da historia do automóbil, como o triciclo Benz Patent-Motorwagen patentado polo enxeñeiro alemán Karl Benz que está considerado como o primeiro vehículo propulsado por un motor de explosión da historia, un Rolls-Royce Silver Ghost de 1922, un Cadillac Fleetwood 75 que pertenceu ao ditador Francisco Franco, ou a xoia da colección un Hispano-Suiza de 1930 no seu estado orixinal xa que nunca necesitou ser sometido a unha restauración. Ademais, son habituais as exposicións temporais con contidos procedentes doutras coleccións.

No museo exponse a colección de Demetrio Gómez Planche,[2] un antigo arquitecto técnico, quen coa axuda da súa familia, reuniu durante máis de 40 anos todo tipo de automóbiles, motocicletas, documentos e accesorios relacionados co mundo do automóbil. Á colección de Gómez Planche uníronse as achegas da Dirección Xeral de Tráfico,[3] o Centro Histórico Iveco-Pegaso e outras achegas tanto públicas como privadas como é o caso dunha das últimas pezas, un BMW 325i de 1982 cedido por Keti Gutiérrez Enríquez.

O Museo de Historia da Automoción de Salamanca tamén está equipado cunha biblioteca, unha hemeroteca, unha videoteca e un arquivo.

  1. País, Ediciones El (26 de setembro de 2002). "Salamanca abre el primer museo público dedicado al automóvil" (en castelán). Consultado o 7 de agosto de 2023.
  2. "El legado de Gómez Planche a través de casi cien vehículos". Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2016. Consultado o 7 de agosto de 2023.
  3. Norma, Néstor (Setembro-outubro de 2002). "Revista DGT / Historia del automóvil" (PDF). Tráfico y seguridad vial.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Velasco Sánchez, José Tomás (2015). Guía de los Museos de Salamanca. Una visita alternativa. Salamanca a través de sus Museos. Madrid: Bubok Publishing. ISBN 978-84-686-6710-2.