Mungo de Glasgow
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 550 Culross, Reino Unido (en) |
Morte | 13 de xaneiro de 614 (63/64 anos) Glasgow, Reino Unido |
Bispo | |
Datos persoais | |
Residencia | Glasgow Llanelwy |
Actividade | |
Ocupación | sacerdote |
Profesores | Saint Serf (en) |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 13 de xaneiro |
Familia | |
Pais | Owain mab Urien e Teneu |
Descrito pola fonte | Dictionary of National Biography Enciclopedia Católica Encyclopædia Britannica |
Mungo de Glasgow, na lingua galesa, Cyndeyrn Garthwys, e maiormente coñecido polos seus nomes ingleses, Saint Mungo ou Kentigern, foi un apóstolo a finais do século VI e fundador e padroeiro da cidade de Glasgow.
Nome
[editar | editar a fonte]En Gales e Inglaterra, este santo é coñecido polo seu nome de nacemento e bautismo, Kentigern. Probablemente, este nome proveña do britónico « Cuno-tigernos », que está composto polos elementos « cun », (can de caza), e « tigerno », (príncipe ou rei). Esta evidencia baséase no rexistro Conthigirn(i), escrito en galés antigo.[1] Porén, suxeríronse tamén outras etimoloxías, coma a que inclúe ao britónico « Kintu-tigernos », baseado na forma inglesa de Kentigern, mais o xa mencionado Conthigirn(i) e o antigo rexistro inglés Cundiʒeorn non parecen apoiar isto.[2]
En Escocia, é coñecido polo alcume Mungo, posiblemente derivado do equivalente cúmbrico do galés: fy nghu (meu querido).[3] Este alcume ten un paralelo gaélico na forma « Mo Choe » ou « Mo Cha », baixo a cal Kentigern aparece en Kirkmahoe, por exemplo, en Dumfriesshire, que aparece coma « ecclesia Sancti Kentigerni » no Arbroath Liber, en 1321. Unha antiga igrexa en Bromfield, Cumbria, é nomeada após el, do mesmo xeito que a igrexa parroquial de Crosthwaite e algunhas outras igrexas máis na parte norte de Cumbria.
Milagres
[editar | editar a fonte]En « Life of Saint Mungo » relátanse catro milagres relizados en Glasgow. O seguinte verso emprégase para lembrar os catro milagres de Mungo:
Here's the bird that never flew,Here's the tree that never grew.
Here's the fish that never swam.
Here's the Bell that never rang,
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Jackson (1953), p. 676
- ↑ It may also be worth noting that the Welsh cynt and Cornish and Breton equivalents mean 'sooner, earlier, prior' and not 'chief' as is assumed by the derivation.
- ↑ However the meaning is disputed; as noted in Donald Attwater's The Penguin Dictionary of Saints, Penguin, Harmondsworth, 1965; p. 213
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Jackson, Kenneth (1953). Language and History in Early Britain (en inglés). Edimburgo: Edinburgh University Press. ISBN 1-85182-140-6.