Mukesh Ambani

From Wikipedia
Jump to navigation Jump to search
Mukesh Ambani
Mukesh Ambani.jpg
Nacemento19 de abril de 1957
 Adén
NacionalidadeIndia
RelixiónHinduísmo
Alma máterUniversidade de Bombaim, Universidade Stanford e Stanford Graduate School of Business
Ocupaciónemprendedor, empresario e deseñador gráfico
PaiDhirubhai Ambani
CónxuxeNita Ambani
FillosAkash Ambani e Isha Ambani
IrmánsAnil Ambani, Deepti Salgaocar e Nina Kothari
editar datos en Wikidata ]

Mukesh Dhirubhai Ambani, nado en Adén o 19 de abril de 1957, é un magnate dos negocios indio, director e principal accionista de Reliance Industries Limited (RIL), compañía da Fortune Global 500 e a máis valiosa da India polo seu valor de mercado.[1] Segundo a revista Forbes, é o home máis rico de Asia[2] e a 13.ª persoa máis rica do mundo en marzo de 2019.[3]

Vida privada[edit | edit source]

Mukesh Dhirubhai Ambani é fillo de Dhirubhai Ambani e Kokilaben Ambani e ten un irmán máis novo, Anil Ambani e dúas irmás, Nina Bhadrashyam Kothari e Dipti Dattaraj Salgaocar.

En 1985 casou con Nita Ambani e teñen dous fillos, Anant e Akash, e unha filla, Isha.[4][5] Coñecéronse despois de que o pai del acudise a unha actuación de danza na que participou Nina e pensou na idea de amañar un matrimonio entre os dous.[6] Viven en Antilia, un edificio privado de 27 pisos en Mumbai valorado en mil millóns de dólares que no momento da súa construción era a residencia privada máis cara do mundo.[7][8] O edificio ten un persoal de 600 persoas para o seu mantemento e inclúe tres heliportos, un garaxe para 160 coches, sala de cine privada, piscina e centro de fitness.[9] En 2007, Ambani regalou á súa esposa un Airbus A319 de sesenta millóns de dólares polo seu 44.º aniversario.[10] O airbus, cunha capacidade de 180 pasaxeiros, foi modificado para incluír un salón, dormitorio, televisión por satélite, WiFi, sky bar, jacuzzi e un despacho.[11]

Notas[edit | edit source]

  1. "Mukesh Ambani :: RIL :: Reliance Group of Industries". RIL.com. Arquivado dende o orixinal o 16 de abril de 2015. Consultado o 22 de agosto de 2013. 8250964307
  2. "Mukesh Ambani among most trusted Indians, but these businessmen outrank RIL boss". The Financial Express. 21 de maio de 2019. Consultado o 22 de maio de 2019. 
  3. "Billionaires, the richest people in the world". 
  4. "India's young billionaire heirs and heiresses". Consultado o 7 de xaneiro de 2014. 
  5. Karmali, Naazneen (6 de abril de 2016). "Meet Nita Ambani, The First Lady Of Indian Business". Forbes. 
  6. "Nita Ambani's story, from school teacher to India's wealthiest woman, is worth a read! | Free Press Journal". Free Press Journal (en inglés). 24 de novembro de 2017. Consultado o 31 de xullo de 2018. 
  7. Magnier, Mark (24 de outubro de 2010). "Mumbai billionaire's home boasts 27 floors, ocean and slum views". Los Angeles Times. 
  8. Kwek, Glenda (15 de outubro de 2010). "India's richest man builds first $1-billion home, Antilia,". The Age (Melbourne). Consultado o 28 de outubro de 2010. 
  9. Hanrahan, Mark (18 de maio de 2012). "Antilia: Inside Mukesh Ambani's 27-Story Mumbai Residence, The World's First $1 Billion Home (PHOTOS)". Huffington Post (en inglés). Consultado o 1 de agosto de 2018. 
  10. Editorial, Reuters. "Mukesh Ambani gifts wife jet on birthday". IN (en inglés). Consultado o 1 de agosto de 2018. 
  11. "Mukesh Ambani gifts Rs 240 cr jet to wife". www.rediff.com. Consultado o 1 de agosto de 2018. 

Véxase tamén[edit | edit source]

Ligazóns externas[edit | edit source]