Saltar ao contido

Mucrón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un mucrón, no eido da botánica, é unha punta curta, máis ou menos aguda e ben diferenciada, no extremo dun órgano calquera. Por exemplo a punta das follas dalgunhas plantas e árbores rematan nun mucrón[1]. Os órganos que levan un mucrón no seu extremo denomínanse mucronados. Por exemplo, a lemma de moitas gramíneas é mucronada.

O termo mucrón tamén se emprega no eido da anatomía, para denominar a calquera apéndice máis ou menos aguzado.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para mucrón.
  • Leccións hipertextuais de botánica. Glosario. Universidade de Hamburgo.[1]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]