Saltar ao contido

Mrak

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Mrak
 Instancia de
 Xénero artístico
 Lingua orixinal
Implicados
 Director/a
Datas
 Data de publicación
2022 Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Duración104 min Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Recoñecemento
 Nomeamentos
Fontes e ligazóns
IMDB: tt10047904 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Mrak (en serbio: Мрак) é un filme serbio de 2022 dirixido e escrito por Dušan Milić. Conta a historia dunha familia serbia de Kosovo e Metohija e a súa loita pola supervivencia despois dos disturbios de marzo de 2004. Baséase en feitos reais.

Tivo a súa estrea mundial o 23 de xaneiro de 2022 no Festival de Trieste, onde gañou o Premio do Público. O 22 de febreiro presentouse no "FEST", onde recibiu o premio Belgrado ao mellor filme nacional.[1] A partir do 17 de marzo do mesmo ano, foi exhibido nos cinemas de Serbia, no aniversario dos disturbios de marzo, ao tempo que se proxectaba en todo o mundo.[2] Foi escollido como candidato de Serbia para o Óscar ó mellor filme internacional na 95ª edición dos premios,[3] mais finalmente non foi nomeado.[4][5]

A acción ten lugar durante os disturbios de marzo en Kosovo e Metohija despois da Pascua de 2004. Conta a historia dunha nena serbia, Milica, que, despois da desaparición do seu pai e do seu tío, queda coa súa nai e o seu avó nunha casa. A familia está custodiada por membros da Forza de Kosovo.

Personaxes

[editar | editar a fonte]
  1. "Premijera domaćeg filma "Mrak" večeras na FEST-u: Slavko Štimac govorio o svojoj ulozi". Telegraf.rs. 26. 2. 2022. Consultado o 20. 9. 2022.
  2. "Premijera filma "Mrak": Klaustrofobična alegorija o kosovskom pogromu". Euronews. 27. 2. 2022. Consultado o 20. 9. 2022.
  3. "Film "Mrak" srpski kandidat za nagradu Oskar". Filmski Centar Srbije. 20 de setembro de 2022.
  4. "Ovo je srpski kandidat za Oskara". Нова С. 20. 9. 2022. Consultado o 20. 9. 2022.
  5. "И ове године Србија остала без Оскара". Б92. 22. 12. 2022. Consultado o 24. 12. 2022.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]