Motown
Motown | |
---|---|
Acrónimo | Motown |
Tipo | selo discográfico e negocio |
Data de fundación | 12 de xaneiro de 1959 |
Fundador(es) | Berry Gordy |
Organización matriz | Universal Music Group |
Organización subsidiaria | Rare Earth Records, Soul e Tamla |
Sede | Os Ánxeles |
País | Estados Unidos de América |
Na rede | |
https://www.motownrecords.com | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Motown é unha compañía discográfica estadounidense. Foi fundada por Berry Gordy, Jr. o 12 de xaneiro de 1959, en Detroit, Míchigan, como Tamla Records, e foi establecida como "Motown Record Corporation" o 14 de abril de 1960. O nome, unha mestura de motor e town, é tamén un alcume de Detroit. Motown xogou un importante papel da integración racial da música popular ó ser un selo discográfico afroamericano cun significativo éxito. Na década de 1960, Motown e os seus selos subsidiarios foron os máis exitosos expoñente do coñecido como Motown Sound, un estilo de música soul cunha distintitva influencia pop. Durante a década de 1960, Motown acadou un espectacular éxito para unha compañía tan pequena: 79 cancións no Top Ten da lista Billboard Hot 100 entre 1960 e 1969.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ The Sound of the City, Charlie Gillett, Sphere Books, 1971, p.247
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial de Motown Records Arquivado 05 de marzo de 2021 en Wayback Machine. (en inglés)
- Páxina oficial de Motown Classic (en inglés)