Saltar ao contido

Monumento aos Namorados (Córdoba)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Monumento aos Namorados
Equipo
Arquitecto(s)Víctor Escribano Ucelay

O Monumento aos Namorados ou Monumento aos Amantes é un monumento situado en Córdoba (España). Foi inaugurado en 1971 en memoria do amor entre o poeta Ibn Zaydun e a poeta e princesa Wallada bint al-Mustakfi. O monumento é un templete formado por catro columnas sen base, un torna augas e un pedestal con dúas mans.

A poesía nesa época estaba escrita en árabe clásico e mantiña temas primitivos. Pero en al-Ándalus, concretamente na área de Córdoba, tivo lugar unha innovación poética. Aquí xurdiron dúas formas métricas con certa relación entre si: o zéxel e a muaxaha. As muaxahas máis antigas que se conservan son do século XI. As fontes árabes afirman que foron inventadas no ano 900 por un poeta de Cabra identificado como Muqaddam ibn Muafá.

Ibn Zaydun morreu en Sevilla exiliado por mor das súas paixóns. Cando Wallada, poeta e princesa de quen estaba namorado, o abandonou por outro, Zaydun, desesperado, escribiulle unha carta ao preferido coma se lla escribise á princesa. Wallada, indignada, insultou ao poeta, quen non tivo máis remedio que marchar de Córdoba.

O monumento forma parte do centro histórico de Córdoba, declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1994.[1]

  1. "Centro Histórico de Córdoba". Centro del Patrimonio Mundial (en castelán).