Montserrat Domínguez
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) María Montserrat Domínguez Montolí 1963 (61/62 anos) Madrid, España |
Educación | Universidade Columbia - xornalismo (1989–1990) Facultade de Ciencias da Información - xornalismo (1980–1987) |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, presentadora de televisión, locutora de radio, director de televisión |
Período de actividade | 1987 - |
Empregador | Q5738892 Mediaset España Grupo PRISA Axencia EFE Atresmedia |
Premios | |
Montserrat Domínguez, nada en Madrid en 1963, é unha xornalista española.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou Ciencias da Información na Universidade Complutense de Madrid. Posteriormente cursou un mestrado en Xornalismo pola Universidade de Columbia.
A súa carreira como xornalista iniciouse nos informativos de Radio España en 1987. Traballou na Axencia EFE, Canal +, Telecinco e Antena 3 Televisión.
Etapa en Telecinco
[editar | editar a fonte]Presentou os informativos de fin de semana e da edición de noite das Noticias. En 2001 presentou o faladoiro matinal La mirada crítica.
Etapa en Antena 3 Televisión
[editar | editar a fonte]En 2004 abandona La mirada crítica, deixando o seu posto a Vicente Vallés, e ficha para dirixir e presentar un programa homólogo en Antena 3 Televisión: Ruedo Ibérico, programa que se ocupaba da actualidade social e política, con entrevistas e unha mesa de faladoiro.
En visto dos negativos resultados acadados polo programa, Antena 3 decidiu substituílo por unha edición diaria de Espejo público, que ata entón se emitía nas tardes dos domingos presentado por Sonsoles Suárez. Susanna Griso é a condutora desta nova versión do espazo.
Trala retirada de Ruedo Ibérico, Montserrat Domínguez segue estando vinculada á cadea dirixindo Las Noticias de la Mañana.
HuffingtonPost
[editar | editar a fonte]En maio de 2012 pasa a ocupar o posto de Directora Editorial de El HuffPost de The HuffingtonPost Holdings LLC, posto que mantivo durante 6 anos ata xuño de 2018.
Grupo Prisa
[editar | editar a fonte]En xuño de 2018 pasa a ser a Responsable de El País Semanal e da coordinación das revistas de fin de semana S Moda, Icon, Buena Vida, Retina e Ideas do propio grupo editorial.
Dende xuño de 2021 é a Directora de Contidos da Cadena SER.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Montserrat Domínguez |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Artigos de Montserrat Domínguez Arquivado 04 de setembro de 2016 en Wayback Machine. en El HuffPost.