Monte Tahat
Aparencia
| Tipo | montaña | |||
|---|---|---|---|---|
| Situado na entidade xeográfica | Deserto do Sáhara | |||
| Localización | ||||
| División administrativa | Provincia de Tamanrasset, Alxeria | |||
| ||||
| Cordilleira | Atakor (en) | |||
| Características | ||||
| Altitude | 2.908 m | |||
| Prominencia topográfica | 2.328 m | |||
O Monte Tahat (en árabe: جبل تاهات) é con 3003 m (antiga medida 2919 m) a maior elevación de Alxeria. É tamén a maior altura do macizo de Ahaggar ou Hoggar.
Orixe e contorno
[editar | editar a fonte]O Monte Tahat é de orixe volcánica. Está situado na zona árida do Sáhara central, erguéndose sobre un contorno de mesetas pedregosas.
O macizo do Ahaggar está poboado polos nómades tuaregs. No suroeste do macizo levántase a localidade de Tamanrasset.
Arte e cultura
[editar | editar a fonte]Nas montañas do macizo téñense descuberto pinturas rupestres, datábeis nunha antigüidade comprendida entre 8000 a.C. e 2000 a.C.. A fauna e os labores agropecuarios representados nas pinturas mostran que o Sáhara se desecou.
