Monte Chingolo
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Arxentina | |||
Provincia da Arxentina | Provincia de Buenos Aires | |||
Partido da provincia | Lanús (pt) | |||
Poboación | ||||
Poboación | 85.060 (2010) | |||
Xeografía | ||||
Altitude | 9 m | |||
Creación | 23 de novembro de 1815 | |||
Identificador descritivo | ||||
Fuso horario | ||||
Monte Chingolo é unha localidade do partido de Lanús (zona sur do Gran Buenos Aires, Arxentina). A súa orixe remóntase a un salgadeiro fundado por Juan Manuel de Rosas o 23 de novembro de 1815.
Nesta localidade estaba situado o Batallón de Arsenais 601 General Domingo Viejobueno do exército arxentino. O 23 de decembro de 1975 o Ejército Revolucionario del Pueblo, unha agrupación revolucionaria de corte marxista, intentou ocupar a unidade militar e apoderarse de armamento de guerra, con desastrosos resultados; no enfrontamento perderon a vida numerosos membros do ERP, que quedaría practicamente desarticulado.
Poboación
[editar | editar a fonte]Monte Chingolo era en 2001 a segunda cidade máis poboada do partido con 85.060 habitantes, o que representa un 19% do total do partido.