Monogamia
Aparencia
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2014.) |
A monogamia (do grego μόνος, mónos, "un" e γάμος, gamos, "matrimonio"), refírese no mundo animal á relación da parella que mantén un vínculo sexual exclusivo durante o período de reprodución e crianza.
Nos seres humanos a monogamia é un tipo de relación amorosa e sexual exclusiva entre dúas persoas, as que manteñen un vínculo matrimonial ou de unión libre por un período de tempo, ou de vida. Á persoa adepta a este tipo de relación denomínaselle monógama pola súa predilección, estea ou non involucrado nunha relación.
A diferenza da monogamia, existe outro tipo de relacións que vinculan a máis de dúas persoas á vez, coma a poligamia (sexa poliándrica ou polixínica), poliamoría, entre outras.
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Pensamiento monógamo, terror poliamoroso de Brigitte Vasallo (Investigación histórica sobre a centralidade da monogamia)[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Mónica Zas Marcos (13 de febreiro de 2019). "7 libros románticos que no volveríamos a leer en San Valentín y otros 7 con los que ocupar su lugar". Eldiario.es. Consultado o 14 de febreiro de 2019.