Modesto García Nóvoa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaModesto García Nóvoa
Biografía
Nacemento1896 Editar o valor em Wikidata
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor em Wikidata
Morte1978 Editar o valor em Wikidata (81/82 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédico , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Modesto García Nóvoa, nado en Buenos Aires en 1896 e finado en Vigo en 1978, foi un médico e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Os seus pais eran naturais de Gomesende e estiveron emigrados na Arxentina principios do século XX, cando regresaron a Ourense. Estudou Medicina en Valladolid e colexiouse nesa provincia en 1925. Simpatizante de Izquierda Republicana e admirador de Manuel Azaña, co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e condenado sen xuízo a ser confinado no campo de concentración das Cocheras dos tranvías de Valladolid. A súa familia foi sometida a acosos e rexistros. Foi expulsado do Colexio de Médicos en decembro de 1936. Saíu do cárcere en decembro de 1937 e foi expedientado coa prohibición para exercer a nivel público a súa profesión. Trasladouse a Vigo e instalouse en Canido. A súa esposa faleceu en xaneiro de 1938, quedando viúvo con tres nenos pequenos. Nos anos corenta abriu consulta en Vigo, pero non foi rehabilitado para a función pública ata os anos sesenta, e obtivo unha praza en Baiona. Colaborou coa rede da oposición antifranquista de Vigo, deu apoio e axuda sanitaria a enlaces da guerrilla e escapados e fuxidos da zona de Vigo. Foi detido en varias ocasións, a máis perigosa o 8 de setembro de 1947, acusado polas súas supostas actividades políticas. Foi procesado na causa 438/47 da Coruña contra Francisco Rey Drox e outros. Finalmente foi posto en liberdade o día 20 ao non aparecer cargos contra na súa contra.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]