Misión Stereo
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
STEREO (sigla de Solar TErrestrial RElations Observatory, en galego, Observatorio de Relacións Solar-Terrestres), é unha misión espacial de observación solar, lanzada pola NASA o 26 de outubro de 2006. Consiste en dous satélites case idénticos, provistos de instrumentos para obter imaxes estereoscópicas do Sol e dos fenómenos solares, como a exección de masa coroal (EMC), erupcións que poden desatar serias tormentas magnéticas na Terra e afectar a infraestrutura eléctrica, ás comunicacións vía satélite e a aeronavegación.
A misión foi liderada pola NASA e o Laboratorio de Física Aplicada da Universidade Johns Hopkins de Maryland. Entre os constribuentes máis destacados desta misión espacial está o Reino Unido que dotou ás sondas dos seus sistemas de cámaras, que inclúen aparatos especializados en imaxes heliosféricas.
As dúas sondas de STEREO foron lanzadas o 26 de outubro de 2006. O 15 de decembro dese ano, na quinta órbita, ambas as sondas utilizaron a órbita da Lúa para situarse nunha órbita heliocéntrica.
Instrumental
[editar | editar a fonte]Cada sonda posúe cámaras, detectores de partículas e de radio en catro paquetes de instrumentos:
- Sun Earth Connection Coronal and Heliospheric Investigation (SECCHI) (Investigación heliosférica e de conexión coroal Sol-Terra). Ten cinco cámaras: unha para imaxes baixo condicións de ultravioleta extrema e dous coronógrafos (coñecidos como Sun Centered Instrument Package ou SCIP), as cales fotografan o disco solar e a súa corona externa e interna, e dúas cámaras heliosféricas (chamadas HI), que rexistran o espazo entre o Sol e a Terra. O propósito do SECCHI é estudar a evolución tridimensional das execcións de masa coroal desde a viaxe da misión até a superficie solar a través da coroa, e os seus impactos na Terra.
- In-situ Measurements of Particles and CME Transients (IMPACT) (Medicións in situ de partículas e e correntes transitorias das EMC). Estuda as partículas enerxéticas solares e a distribución tridimensional dos electróns dos ventos solares e o campo magnético interplanetario.
- PLAsma and SupraThermal Ion Composition (PLASTIC) (Composición do plasma e dos ións supratermais). Estuda as características plasmáticas dos protóns, partículas alfa e ións pesados.
- STEREO/WAVES (SWAVES). É un transistor de radio que estuda as distorsións das ondas durante a viaxe desde o Sol á órbita terrestre.
Galería
[editar | editar a fonte]-
Imaxe dunha sonda
-
Espazo de Probas de STEREO, na sala limpa do centro espacial Goddard
-
Unha das primeiras imaxes do Sol tomadas por STEREO
-
A Lúa pasando fronte ao Sol, vista desde unha das sondas, o 25 de febreiro de 2007
-
Imaxe do Sol en 3D tomada pola misión.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Misión Stereo |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- The STEREO/PLASTIC response to solar wind ions (Flight measurements and models H. Daoudi, L. M. Blush, P. Bochsler, A. B. Galvin, C. Giammanco, R. Karrer, A. Opitz, P. Wurz, C. Farrugia, L. A. Kistler, M. A. Popecki, E. Möbius, K. Singer, B. Klecker, B. Thompson. 2009.
- Temporal evolution of the solar wind bulk velocity at solar minimum by correlating the STEREO A and B PLASTIC measurements Opitz, A., Karrer, R., Wurz, P., Galvin, A. B., Bochsler, P., Blush, L. M., Daoudi, H., Ellis, L., Farrugia, C. J., Giammanco, C., Kistler, L. M., Klecker, B., Kucharek, H., Lee, M. A., Moebius, E., Popecki, M., Sigrist, M., Simunac, K., Singer, K., Thompson, B., Wimmer-Schweingruber, R. F. 2009.
- El Sol visto en tres dimensiones, Publimetro, 25 de abril de 2007.
- IMPACT: Science goals and firsts with STEREO Luhmann J. G., Curtis D. W., Lin R. P., Larson D, Schroeder P., Cummings A., Mewaldt R. A., Stone E. C., Davis A., von Rosenvinge T., Acuna M. H., Rearnes D., Ng C., Ogilvie K., Mueller-Mellin R., Kunow H., Mason G. M., Wiedenbeck M., Sauvaud A., Aoustin C., Louarn P., Dandouras J., Korth A., Bothmer V., Vasyliunas V., Sanderson T., Marsden R. G., Russell C. T., Gosling J. T., Bougeret J. L., McComas D. J., Linker J. A., Riley P., Odstrcil D., Pizzo V. J., Gombosi T., DeZeeuw D., Gombosi T., DeZeeuw D., Kecskemety K. 2005.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Simulaciones orbitales, no sitio web da NASA.
- STEREO, no sitio oficial.
- STEREO, versión de la NASA.
- [Ligazón morta], UMNnews
- STEREO, Versión británica (en inglés)
- Tránsito de la misión STEREO
- NASA STEREO mission at the University of Bern.