Miren Amuriza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Miren Amuriza
Miren Amuriza 2011n.jpg
Nome completoMiren Amuriza Plaza
Nacemento1 de marzo de 1990
 Berriz
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade do País Vasco
OcupaciónBertsolari
PaiXabier Amuriza
Premiossen etiquetar
editar datos en Wikidata ]
Entrevista a Miren Amuriza (en éuscaro).

Miren Amuriza Plaza, nada en Berriz, Biscaia o 1 de marzo de 1990, é unha bertsolari e escritora vasca, filla do tamén bertsolari Xabier Amuriza.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Miren Amuriza viviu dende cativa no mundo do bertso, xa que acompañou ós seus pais que son bertsolaris, de vila en vila véndoos cantar.

No ano 2002, cantou por primeira vez en público ó participar no Campionato Escolar de Biscaia, e en 2003 xa logrou alzarse co triunfo na categoría de máis novas deste campionato. Ese mesmo ano foi a primeira vez que compartiu escenario xunto co seu pai ó cantar na bertso-afari de Andikoa.

Coa súa maioría de idade aparece en televisión na cadea ETB 1 xunto con outros bertsolaris do talle de Xabier Amuriza, Jexux Arzallus, Amets Arzallus e Maddalen Arzallus participando no programa Euskal Kantuen Gaua cantando a canción popular Gure Aitak amari.

En 2010, co gallo do bertso eguna, xunto coa súa amiga e tamén bertsolari Maddalen Arzallus, renderon unha soada homenaxe ás súas nais.[1]

Amuriza é licenciada en Filoloxía Vasca pola Universidade de Vitoria-Gasteiz e ten un máster en Habilitación Docente en Educación Secundaria Obrigatoria, traballando de docente na Universidade de Mondragón.

Colaborou coa revista Anboto e a revista Argia escribindo artigos de opinión, e tamén colabora no xornal Berria e colaborou con algúns grupos de música, cantando e escribindo letras.[2][3][4]

Notas[editar | editar a fonte]