Saltar ao contido

Miqueas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Miqueas
Imaxe
 Instancia de
Biografía
 Data de nacemento
740 a. C. Editar o valor en Wikidata
 Data de falecemento
670 a. C. Editar o valor en Wikidata
 Sexo
Actividade
 Alumno/a de
 Ocupación
 Docente de
Códigos e identificadores
VIAF49576726 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000073283620 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/02qvpxt Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata C:Commons

Miqueas foi un profeta de orixe campesiña de finais do século VIII a. C., proveniente de Mórexet,[1] unha pequena aldea da fértil chaira de Shfelat a uns 30 quilómetros ao suroeste de Xerusalén. Foi autor do libro da Biblia que leva o seu nome.

En lingua hebrea, o seu nome מִיכָה, Mika ou Miyá ou Michá, significa ‘quen como Yahveh?’.[2][3]

Profecía

[editar | editar a fonte]

O seu labor cumpriuse en tempos dos reis Jotán de Xudá, Acaz e Ezequías e foi contemporáneo dos profetas Isaías, Oseas e Amós. Demostrou un gran celo polo pacto con Yahveh e considerou que a infidelidade ao amor de Deus faise sentir na explotación do próximo. Amou ao seu pobo campesiño e pastoril e viu nel o interese de Yahveh. Denunciou os ricos e poderosos e os sacerdotes e falsos profetas que actuaban para conseguir poder e privilexios. Rexeitou o abuso dos aristócratas de Xerusalén contra a maioría do pobo campesiño e a instrumentalización da relixión para ocultar as inxustizas sociais.[4]

A predicación de Miqueas foi de tal alcance que influíu para que Ezequías tentase algunhas reformas en Xudá.[5]

Especial significado e valor representa o versículo Miqueas 5:1[6] citado expresamente no Evanxeo de Mateu[7] como profecía do lugar do nacemento do Mesías, Belén de Xudá.

  1. Miqueas 1:14
  2. Miqueas 7:8
  3. New Bible Dictionary, 2ª ed. Tyndale House Publishers, Inc., Wheaton, IL, USA.
  4. C. Hugo Zorrilla: Miqueas: portavoz del campesinado. Ciudad de Guatemala: Semilla (3ª ed.), 1986.
  5. Reis II 18:1-4
  6. Miqueas 5:1
  7. Mateo 2:5

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]