Mina romana de ouro de Covarradeiras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 43°32′44″N 8°15′58″O / 43.5456517, -8.2661797

Mina de Ouro
Mina Romana de Covarradeiras Covas Ferrol.jpg
LugarCovarradeiras (Covas)
ConcelloFerrol
Datas:Ata os Séculos I e XX
Minerais:Ouro
Estado actualBo
Superficie2,55 ha
Cod. Xunta:GA15036016

A mina romana de ouro de Covarradeiras é unha antiga explotación mineira situada no lugar de Covarradeiras (Covas, Ferrol)[1], nas abas dos montes da Lagoa. Foi catalogada polo concello de Ferrol como ben de interese arqueolóxico.[2]

Características[editar | editar a fonte]

A orixe desta mina de ouro posiblemente fose anterior á romanización de Galicia e xa fose explotada na Idade dos Metais[Cómpre referencia]. Na explotación primitiva traballárase a parte superficial dun paquete de catro filóns de cuarzo con arsenopirita aurífera[3], tamén chamada pirita arsenical ou mispíquel. Aínda poden identificarse varias labores superficiais posibelmente romanas coma unha gran poza duns 50 metros de diámetro e 10 de profundidade para acumular auga. A mina era explotada polo método de ruina montium. Na parte baixa do monte está a escombreira de pedras do lavado de mineral. As galerías que aínda existen están inundadas e foron tapiadas. A principios do século XX tentou volverse a poñer en explotación.

A mina ten forma de Y, con dous brazos que soben polo monte dende o pé do mesmo. Ten unha superficie de 2,55 ha., cunha lonxitude máxima de 267,18 m. A maior diferenza de cota entre os límites inferior e superior da delimitación é de 72 metros; entre o límite superior e o centro da mina é de 65 metros.[4]

Non se fixeron estudos arqueolóxicos da mina nin un aproveitamento turístico.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Asociación Buxa (eds.). "Património: 217 Mina de Covas". Consultado o 24/06/2018. 
  2. Juan Luis Dalda Escudero, Alfonso Díaz Revilla, Ánxel Viña Carregal (Equipo Oficina de Planeamento) para o Concello de Ferrol (28/12/2000 (Aprobación), 28/2/2001 (BOP) e 9/3/2001 (DOGa)). "Anexo 1. Relación de elementos de interés cultural". Figura Plan xeral de ordenación municipal: Revisión e adaptación. (PDF). 
  3. Variedade da arsenopirita formada por FeAsS e Au.
  4. Xosé-Lois Armada; Víctor Alonso; Pedro Carrasco García; Manuela Costa-Casais; Alejandro Güimil-Fariña; Patricia Mañana-Borrazás; Carlos Otero-Vilariño (2015). Universidade de Santiago de Compostela issn = 0211-8653, eds. "El yacimiento de Santa Comba (Covas, Ferrol): investigaciones arqueológicas en un enclave de la ruta marítima atlántica". GALLÆCIA (83-124 ed.) 34. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]