Milton Doyle

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Milton Doyle
Windy City Bulls – No. 35
Posición Escolta
Información persoal
Nacemento 31 de outubro de 1993 (30 anos)
Illinois Chicago, Illinois
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 1,93 m (6 ft 4 in)
Peso oficial 82 kg (180 lb)
Información da carreira
Instituto Marshall (Chicago, Illinois)
Universidade Loyola (Illinois) (2013–2017)
NBA Draft 2017 / Elección: Sen draftear
Carreira 2017−presente
Historial de equipos
Brooklyn Nets (2017–2018)
Long Island Nets (2017–2018)
Murcia (2018–2019)
Windy City Bulls (2019–presente)

Milton Doyle, nado o 31 de outubro de 1993 en Chicago, Illinois, é un xogador profesional de baloncesto estadounidense que xoga nos Windy City Bulls da NBA G League. Cunha altura de 1,93 metros xoga na posición de escolta.

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

Tras non ser elixido no Draft da NBA de 2017, Doyle foi invitado polos Brooklyn Nets a xogar na Liga de Verán da NBA de 2017.[1] O 4 de agosto de 2017, Doyle asinou cos Nets.[2] O 11 de outubro de 2017, foi cortado polos Nets,[3] pero asinou de novo con eles o 18 de decembro de 2017.[4] Fixo o seu debut na NBA o 26 de decembro de 2017 na derrota por 109-97 dos Nets contra os San Antonio Spurs.[5]

O 8 de agosto de 2018, Doyle asinou un contrato dun ano co CB Murcia da Liga ACB.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Doyle Earns NBA Summer League Invite". arenasportsnet.com. 24 de xuño de 2017. Arquivado dende o orixinal o 08 de agosto de 2017. Consultado o 7 de agosto de 2017. 
  2. "Brooklyn Nets Sign Milton Doyle and Jeremy Senglin". nba.com. Consultado o 7 de agosto de 2017. 
  3. "Brooklyn Nets waive three players". Brooklyn Nets. 11 de outubro de 2017. Consultado o 12 de outubro de 2017. 
  4. "Brooklyn Nets Sign Milton Doyle To Two-Way Contract". NBA.com. 18 de decembro de 2017. Consultado o 18 de decembro de 2017. 
  5. "Nets vs. Spurs - Box Score". ESPN.com. 26 de decembro de 2017. Consultado o 28 de abril de 2018. 
  6. "ACB.COM - Milton Doyle, un cañonero para UCAM Murcia". www.acb.com. 8 de agosto de 2018. Arquivado dende o orixinal o 08 de agosto de 2018. Consultado o 8 de agosto de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]