Saltar ao contido

Miki Núñez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMiki Núñez

(2019) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento6 de xaneiro de 1996 Editar o valor en Wikidata (28 anos)
Terrasa, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante, presentador de televisión Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2018 Editar o valor en Wikidata -
Xénero artísticoMúsica pop Editar o valor en Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor en Wikidata
Participou en
2022Eufòria (pt) Traducir
maio de 2019Festival de Eurovisión 2019 (22º)
2018Operación Triunfo 2018 Editar o valor en Wikidata
Familia
ParellaSara Roy (2019–) Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm10121774 Twitter: mikiot2018 Instagram: mikinunez Youtube: UCKa2Clz7xGVJZhVxh18S6uA TikTok: mikinunez_ Spotify: 2hahtdJusGYC77DKod4qfB iTunes: 1437165580 Last fm: Miki Musicbrainz: ca6ada40-4d20-43d2-9144-f12ba7d2bed0 Discogs: 6838432 Allmusic: mn0003781944 Deezer: 51767152 Genius: Miki-nunez Editar o valor en Wikidata

Miguel Núñez Pozo, nado o 6 de xaneiro de 1996 en Terrasa, provincia de Barcelona, máis coñecido como Miki Núñez ou simplemente como Miki, é un cantante catalán.[1] Deuse a coñecer en 2018, cando formou parte da décima edición de Operación Triunfo, quedando en sexto posto. Foi elixido para representar a España no Festival da Canción de Eurovisión 2019 co tema "La venda".[2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos e formación

[editar | editar a fonte]

O seu pai e a súa nai sempre apoiaron a súa paixón pola música, incluíndo cando decidiu ir a clases de guitarra e piano. Mentres crecía tivo sobrepeso, ata que decidiu comezar a facer algo para cambialo.[3][4] Estudou Educación Primaria na Universidade de Barcelona.[5] Traballou como profesor auxiliar nunha academia.[6]

Carreira musical

[editar | editar a fonte]

Antes de darse a coñecer nacionalmente, era vocalista do grupo Dalton Bang, que versiona cancións do setenta e co que no verán de 2018 foi de xira por Cataluña.[7]

En 2018, Miki asistiu á audición para a décima tempada de Operación Triunfo, sendo o primeiro aspirante en conseguir o adhesivo nos castings e un dos 18 concursantes en ser seleccionados para a gala cero. Foi o único concursante desta edición que conseguiu ser favorito dúas veces, a primeira na gala 5, coa canción "El patio" de Pablo López Jiménez, e a segunda na gala 9. Nesta última, Miki cantou a primeira canción en catalán da historia do programa, "Una lluna a l'aigua" do grupo Txarango. Foi eliminado na semifinal do programa, conseguindo a sexta posición.[8]

Como concursante de Operación Triunfo, foi candidato a representar a España no Festival da Canción de Eurovisión 2019. Para a primeira fase do proceso de selección fóronlle outorgadas tres cancións: "El equilibrio" e "La venda" en solitario, e "Nadie se salva" a dúo coa súa compañeira Natalia Lacunza.[9] Estas dúas últimas cancións conseguiron un pase para a gala de preselección, sendo Miki e Natalia os únicos concursantes con dúas cancións na final nacional.[10] O 20 de xaneiro de 2019, "La venda" foi seleccionada a través do voto do público para representar a España no Festival da Canción de Eurovisión 2019 o mes de maio en Tel Aviv.[11][12]

Influencias

[editar | editar a fonte]

Sinalou como os seus artistas favoritos a Dub Inc, The Cat Empire e Muse.[6][13] Declarou que o primeiro concerto ao que asistiu foi do grupo La Pegatina, cuxo integrante, Adrià Salas, sería máis tarde o compositor do seu tema para Eurovisión.[14]

Discografía

[editar | editar a fonte]
  • 2019: "La venda"
  • 2019: "Celébrate"
  • 2019: "Coral del Arrecife" (con Sofía Ellar)

Álbums de estudio

[editar | editar a fonte]