Micrathena sagittata

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Micrathena sagittata é unha especie de araña que pertence á familia Araneidae. Habita no leste dos Estados Unidos de América e ó longo de América Central.

É unha araña sorprendente cunha forma distintiva no abdome que é amarelo, con partes negras e vermellas que lembran ó icónico Pikachu da serie Pokémon. Os machos acadan os 5mm de lonxitude (excluíndo as patas), mentres que as femias son meirandes, acadando os 9mm. Os machos non teñen espiñas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Preston-Mafham, Ken (1998). Spiders: Compact Study Guide and Identifier. Angus Books. ISBN 978-1-904594-93-2.