A michelada é unha bebida alcóholica de orixe mexicana que se prepara mesturandocervexa, zume de limón e unha mestura de mollos, especias e pementos.[1] Sérvese nun vaso frío co bordo cuberto de sal.[2] Existen numerosas variacións desta bebida ó longo de México e Latinoamérica.[1][2]
Existe a crenza en México de que é un bo remedio para as resacas.[3][4][5] Existen numerosas versións de micheladas; por exemplo, na Cidade de México, o xeito máis común é preparala con cervexa, lima, sal e mollos picantes particulares ou chouchas de chile. Pódenselle engadir outros ingredientes, como mollo de Maggi, mollo Worcestershire, mollo de chamoy, chile serrano, camaronazo, clamato, ou chouchas de laranxa.