Michael R. Clifford
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 13 de outubro de 1952 San Bernardino |
| Morte | 28 de decembro de 2021 North Myrtle Beach |
| Causa da morte | párkinson |
| Educación | Academia Militar dos Estados Unidos Escola de Pilotos de Test Naval dos Estados Unidos Instituto de Tecnoloxía de Xeorxia Ben Lomond High School (en) |
| Actividade | |
| Ocupación | oficial, astronauta |
| Empregador | NASA Academia Militar dos Estados Unidos |
| Carreira militar | |
| Rango militar | Lieutenant Colonel |
| Tempo no espazo | 27 días, 18 horas e 24 minutos |
| Premios | |
Michael Richard Uram 'Rich' Clifford, nado en San Bernadino (California) o 13 de outubro de 1952 e finado o 28 de decembro de 2021,[1] foi un astronauta estadounidense que formou parte das misións STS-59, STS-53 e STS-76. Pasou un total de 27,77 días no espazo.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Clifford era graduado en ciencias pola Academia Militar dos Estados Unidos en West Point en 1974. Foi máster en enxeñería aeroespacial polo Instituto Tecnolóxico de Georgia en 1982.[2]
Como militar foi asignado ao Centro Espacial Johnson da NASA en xullo de 1987. Foi seleccionado como astronauta en xullo de 1990. Participou nas misións STS-59, STS-53 e STS-76. Deixou a NASA en xaneiro de 1997 para ocupar o posto de Xerente de Operacións de Voo da Estación Espacial Internacional en Boeing.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Rich Clifford, astronaut who secretly flew with Parkinson's, dies at 69". 2021-12-28. Consultado o 2021-12-29.
- 1 2 3 Mark Wade (2019). "Clifford, Michael Richard Uram 'Rich'" (en inglés). Consultado o 31 de xaneiro de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Michael R. Clifford |