Michael McIntyre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMichael McIntyre
Biografía
Nacemento(en) Michael Hazen James McIntyre Editar o valor em Wikidata
21 de febreiro de 1976 Editar o valor em Wikidata (48 anos)
Merton, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaHampstead (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeReino Unido
Canadá Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Edimburgo
Arnold House School (en) Traducir
National Art School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónhumorista , presentador , monologuista , escritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiRay Cameron (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesSimon Ward (sogro)
Sophie Ward (pt) Traducir (cuñada) Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm1829039 Facebook: TheMichaelMcIntyre Twitter: mcintweet Musicbrainz: 05a54f05-e51e-4b61-97de-7e49df284047 Editar o valor em Wikidata

Michael Hazen James McIntyre , nado o 21 de febreiro de 1976, é un cómico, actor e presentador de televisión británico. En 2012, foi o comediante máis taquilleiro do mundo.[1]

Carreira[editar | editar a fonte]

En teatros e locais de concertos[editar | editar a fonte]

O 20 de abril de 2013, McIntyre presentou o show de comedia máis grande de África para 9.000 fans en Johannesburgo. En 2015, McIntyre fixo unha xira polo Reino Unido e Irlanda coa súa xira "Happy & Glorious". En febreiro de 2016, fixo unha xira por Noruega e en outubro dese ano levouna a Australia. En 2018 converteuse no artista máis vendido da historia do O2 Arena, vendendo máis de 400.000 entradas en 28 espectáculos, o que superou o récord anterior de Take That.[2]

Radio e televisión[editar | editar a fonte]

Aos 13 anos foi a súa primeira aparición na BBC, facendo unha pregunta desde o público ao grupo pop Five Star. En 2009, apareceu no programa Top Gear.

Ademais da stand-up comedy (espectáculo de pé), McIntyre presentou o seu propio programa cómico na BBC One, Michael McIntyre, Comedy Roadshow, presentou tres episodios de Live at the Apollo e, en 2011, foi xuíz en Britain's Got Talent con David Hasselhoff e Amanda Holden, substituíndo a Piers Morgan e Simon Cowell. McIntyre anunciou que deixaría o programa despois de aparecer nunha serie.[3] En 2010 e 2014, McIntyre organizou a Royal Variety Performance na canle ITV.[4] Xa tiña actuado anteriormente no programa dúas veces: en 2006 e 2008.

Na década de 2020 presenta a súa propia serie os sábados pola noite, Michael McIntyre's Big Show na BBC One.

Na radio apareceu en programas da BBC Radio, na BBC Radio 2, BBC 6 Music, BBC Radio 1 e BBC Radio 4, en programas como Heresy, 4 Stands Up, Happy Mondays, The Unbelievable Truth e Desert Island Records.[5]

Obra publicada[editar | editar a fonte]

En 2010, McIntyre publicou a súa autobiografía, "Life and Laughing: My Story".[6]

Premios[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Recompensa Resultado
2003 Premio Perry Mellor Revelación Nomeado
2007 Premios Chortle Mellor cabeza de cartel Nomeado
2008 Premios Chortle Mellor cabeza de cartel Gañado
Premios británicos de comedia Mellor Stand-up en directo Nomeado
2009 Premios británicos de comedia Mellor personalidade de entretemento e comedia Nomeado
Premios británicos de comedia Mellor Stand-up Gañado
Premio G.Q Mellor humorista Gañado
2010 Premios Nacionais de Televisión Mellor anfitrión de entretemento Nomeado
Premios Chortle Mellor xira Gañado
Premios RTS Mellor anfitrión de entretemento Nomeado
Premios BAFTA actuación de entretemento Nomeado
Premios británicos de comedia Mellor cómico de televisión masculino Gañado
2012 Premios Nacionais de Televisión Mellor espectáculo de entretemento (Michael McIntyre Stand-Up Comedy) Gañado
BAFTA Mellor programa de entretemento (Michael McIntyre's Christmas Comedy Roadshow ) Nomeado
2014 Premios Nacionales de Televisión Mellor programa de conversación (The Michael McIntyre Chat Show) Nomeado
2016 Premios Billboard Touring Mellor xira de comedia Nomeado
2017 BAFTA Mellor actuación de entretemento (Michael McIntyre's Big Show) Gañado
BAFTA Mellor espectáculo de entretemento (Michael McIntyre's Big Show) Nomeado
2018 BAFTA Mellor actuación de entretemento (Michael McIntyre's Big Show) Nomeado
BAFTA Mellor espectáculo de entretemento (Michael McIntyre's Big Show) Nomeado

Vida persoal[editar | editar a fonte]

McIntyre reside en Hampstead, Londres, coa súa muller aromaterapeuta, Kitty, filla do falecido actor Simon Ward e a irmá da actriz Sophie Ward.[7] A parella ten dous fillos, Lucas e Oscar.[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "McIntyre is world's most successful comedian" (en inglés). Londres. 25 de xaneiro de 2013. 
  2. http://www.chortle.co.uk/news/2018/10/05/41412/michael_mcintyre_breaks_o2_record
  3. "New BGT judges revealed!". Arquivado dende o orixinal o 13 de julio de 2011. 
  4. "Michael McIntyre to host The Royal Variety Performance 2014". 
  5. "Desert Island Discs – Michael McIntyre". Bbc.co.uk. 22 de xullo de 2011. Consultado o 30 de xullo de 2013. 
  6. Harris, Jogn (13 de decembro de 2010). "Why celebrity memoirs rule publishing". Guardian News and Media Limited. Consultado o 17 de xaneiro de 2014. 
  7. "The Tudors actor Simon Ward dies after long illness". 
  8. Gordon, Bryony (11 de novembro de 2012). "Entrevista a Michael McIntyre: 'Maybe people just can’t cope with how jovial I am'" (en inglés). telegraph.co.uk. Consultado o 27 de xuño de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]