Michael Fossum
Michael Fossum | |
---|---|
![]() | |
Datos persoais | |
Nacemento | 19 de decembro de 1957 |
Lugar | Sioux Falls |
Actividade | |
Misións | Expedição 28, Expedição 29, STS-124, STS-121 e Soiuz TMA-02M |
Tempo no espazo | 193,79 días |
Premios | Medalha de Serviço Distinto da NASA e Distinguished Eagle Scout Award |
[ editar datos en Wikidata ] |
Michael Edward Fossum, nado en Sioux Falls (Dacota do Sur) o 19 de decembro de 1957, é un astronauta estadounidense que formou parte das misións STS-121, STS-124 e Soiuz TMA-02M e foi membro da Expedición 28 e da Expedición 29 á Estación Espacial Internacional.[1][2]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fossum graduouse en enxeñería mecánica pola Universidade A&M de Texas en 1980 e é máster en enxeñería de sistemas polo Instituto de Tecnoloxía da Forza Aérea en 1981, así como máster en física pola Universidade de Houston en 1997.[1][2]
Foi seleccionado como astronauta pola NASA en xuño de 1998, participando nas misións STS-121, STS-124 e Soiuz TMA-02M, e sendo membro das expedición 28 e 29 á Estación Espacial Internacional. Pasou un total de 193,79 días no espazo.[1][2]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2020). "Fossum, Michael Edward" (en inglés). Consultado o 9 de abril de 2020.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 NASA, ed. (9 de maio de 2019). "Michael E. Fossum (Colonel, U.S. Air Force, Ret.) NASA Astronaut" (en inglés). Consultado o 9 de abril de 2020.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Michael Fossum ![]() |