Saltar ao contido

STS-121

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
STS-121
Lanzamento da misión STS-121
TipoTripulado
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento4 de xullo de 2006, 18:38GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorTransbordador espacial[3][5]
Sitio de lanzamentoCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39B[3][6]
Duración da misión12,78 días[6]
Obxectivo da misiónConstrución e aprovisionamento da Estación Espacial Internacional.[3][6]
Regreso17 de xullo de 2006[6]
NSSDC ID2006-028A

STS-121 foi unha misión do transbordador espacial Discovery lanzada o 4 de xullo de 2006 desde a rampla 39B do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]

Características

[editar | editar a fonte]

STS-121, con sete astronautas a bordo, foi unha misión de construción e aprovisionamento da Estación Espacial Internacional. A tripulación estaba formada polo comandante Steven Lindsey, o piloto Mark Kelly e os especialistas de misión Stephanie Wilson, Lisa Nowak, Piers Sellers e Mike Fossum.[3][5][6][7]

O Discovery levou o módulo loxístico Leonardo repleto de material e subministracións ata a estación e a tripulación fixo varios paseos espaciais en preparación para posteriores misións. O transbordador acoplouse co porto PMA-2 da estación ás 14:52 GMT do 6 de xullo. Ao día seguinte acoplou o módulo Leonardo coa estación para descargarlo. Fixéronse varios paseos espaciais para probar novo equipamente e técnicas de reparación, así como instalacións preliminares no exterior da estación. O Discovery desacoplouse da estación ás 12:07 GMT do 17 de xullo, volvendo a terra en Cabo Cañaveral ese mesmo día.[3][5][6][7]

  1. N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 121" (en inglés). Consultado o 25 de xaneiro de 2018.
  2. 1 2 "Note verbale dated 12 January 2007 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (07-85032(E)). 27 de xuño de 2007: 2. Consultado o 25 de xaneiro de 2018.
  3. 1 2 3 4 5 6 7 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 121" (en inglés). Consultado o 25 de xaneiro de 2018.
  4. Claude Lafleur (2010). "STS-121 / ULF-1.1" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 30 de xaneiro de 2018. Consultado o 25 de xaneiro de 2018.
  5. 1 2 3 4 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 25 de xaneiro de 2018.
  6. 1 2 3 4 5 6 7 Mark Wade (2011). "STS-121" (en inglés). Consultado o 25 de xaneiro de 2018.
  7. 1 2 NASA (2 de abril de 2008). "STS-121" (en inglés). Consultado o 31 de outubro de 2021.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]