Saltar ao contido

Meze

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Selección de mezes.

O meze ou mezze (en grego Μεζές; búlgaro e serbio мезé; macedonio,мéзе; turco meze; árabe مَزة ) é nas cociñas dos países do Mediterráneo oriental, e especialmente na cociña turca, unha selección de aperitivos ou pequenos pratos que en xeral se serven fríos acompañados de bebidas, en especial licores anisados, coma o arak ou o rakı, sós ou antes da comida principal. Os seus compoñentes poden ser moi variados: queixo, salame, iogur, legumes etc.

Diferentes pratos meze de Turquía.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

A palabra meze atópase en todas as cociñas do antigo Imperio Otomán, tomada do turco, que á súa vez a tomara prestada do persa mazzeh ou mazzah ( مَزّه ) "sabor".[1]

  1. Speake, Jennifer; LaFlaur, Mark (1999). "Meze". Oxford University Press. The Oxford Essential Dictionary of Foreign Terms in English. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]