Metrópole ortodoxa grega de Chicago
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Creación | 1922 | |||
Páxina web | chicago.goarch.org |
A Metrópole de Chicago é unha xurisdición ortodoxa nos Estados Unidos, parte da arquidiocese ortodoxa grega de América e baixo xurisdición do Patriarcado Ecuménico de Constantinopla. A súa igrexa nai é a Catedral da Anunciación, en Chicago. O seu metropolita actual é o bispo Iakovos Garmatis, que tomou posesión da sé o 1 de maio de 1979, logo da súa elección polo Santo Sínodo do Patriarcado Ecuménico.
Historia
[editar | editar a fonte]A orixe da Metrópole está na organización das parroquias do Patriarcado nas Américas, a a comezos do século XX. A arquidiocese ortodoxa grega de América do Norte e do Sur foi estabelecida en 1921. O primeiro bispo de Chicago, Philaret Ioannides, foi nomeado en 1923.
En 1996 a arquidiocese foi dividida en 4 arquidioceses separadas, e a Diocese de Chicago pasou a pertencer á arquidiocese ortodoxa grega de América, cambiando o seu nome polo de "Metrópole".
Episcopoloxio
[editar | editar a fonte]- Philaret Ioannidis (1923 - 1930)
- Gerasimos Ilias (1943 — 1954)
- Aimilianos Laloussis (1960 - ?)
- Iakovos Garmatis (1979 - actualidade)