Saltar ao contido

MetOp

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
MetOp
Imaxe
 Instancia de
 Subclase de
 Composto por
MetOp-A (en) Traducir
MetOp-B (en) Traducir
MetOp-C (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Características
 Tipo de órbita
Implicados
 Operador/a
 Fabricante
Historia
 Sucedido por
Códigos e identificadores
Freebase/m/02676rm Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata C:Commons
MetOp C antes do lanzamento.

MetOp (Meteorological Operational) é primeira familia de satélites meteorolóxicos polares europeos.[1][2]

Características

[editar | editar a fonte]

MetOp é a contribución europea ao Initial Joint Polar System, un acordo cooperativo entre Eumetsat e a NOAA estadounidense para compartir datos climáticos e meteorolóxicos. Lanzáronse tres satélites MetOp:[1][2]

A principal misión dos satélites é medir a temperatura e humidade da atmosfera e os océanos, así como observar a capa de nubes, medir a velocidade do vento na superficie do mar e monitorizar o contido de ozono na atmosfera. Para iso levan a bordo os seguintes instrumentos:

  • A/DCS (Advanced Data Collection System) - Argos-3
  • AMSU (Advanced Microwave Sounding Unit)
  • ASCAT (advanced scatterometer)
  • AVHRR/3 (Advanced Very High Resolution Radiometer)
  • GOME-2 (Global Ozone Monitoring Experiment–2)
  • GRAS (GNSS receiver for atmospheric sounding)
  • HIRS/4 (High Resolution Infrared Sounder)
  • IASI (Infrared Atmospheric Sounding Interferometer)
  • MHS (Microwave Humidity Sounder)
  • SARP/3 (Search And Rescue Processor)
  • SARR (Search And Rescue Repeater)
  • SEM-2 (Space Environmental Monitor)

Os satélites, construídos por EADS Astrium, teñen unha masa de cerca de 4000 kg e foron inxectados en órbitas heliosincrónicas de 800 km de altura. Cada satélite, unha vez en órbita e cos paneis solares despregados, teñen unha dimensión de 17,6 x 6,5 x 5,2 m.

Historial de lanzamentos

[editar | editar a fonte]
Misión[1][2] Data de lanzamento[1][2] Foguete lanzador[1][2] Notas[1][2]
MetOp A 19 de outubro de 2006 Soiuz-2-1a Fregat Éxito
MetOp B 17 de setembro de 2012 Soiuz-2-1a Fregat Éxito
MetOp C 7 de novembro de 2018 Soiuz-ST-B Fregat-M Éxito
  1. 1 2 3 4 5 6 Mark Wade (2020). "Metop" (en inglés). Consultado o 19 de setembro de 2020.
  2. 1 2 3 4 5 6 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "METOP A, B, C" (en inglés). Consultado o 19 de setembro de 2020.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]