Mestre Xiraldo
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | Século XI Beauvais, Francia |
| Morte | Século XII |
| Relixión | Catolicismo |
| Actividade | |
| Ocupación | Cóengo, redactor da Historia Compostellana |
| Descrito pola fonte | Diccionario bio-bibliográfico de escritores, (vol:2, p.160) |
O mestre Xiraldo[1], tamén coñecido como Xiraldo de Beauvais, foi un cóengo compostelán[2] que viviu durante o século XII, quizais de orixe francesa.[2] Foi persoa de confianza de Diego Xelmírez e escribiu boa parte da Historia Compostellana.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Segundo algúns autores, era natural de Beauvais.[2][3] Nalgúns documentos pódese ver a súa simpatía cara á abadía de Cluny.[2] Pertencía ao círculo de confianza de Diego Xelmírez.[1] Viaxou a Roma en 1118, xunto co bispo de Ourense, para solicitar do papa a concesión de sé arcebispal para Santiago de Compostela.[1][2] Esta obteríase en 1120.[1]
Redactou, despois de Nuno Afonso, a segunda parte da Historia Compostellana, que narra os feitos históricos da etapa de Xelmírez.[1][2] Posibelmente tamén incorporou o capítulo escrito por Hugo.[3]