Saltar ao contido

Mescalina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Mescalina
Nomenclatura IUPAC 3,4,5-Trimetoxi-

fenetilamina o
2-(3,4,5-trimetoxifenil)
etanamina

Fórmula química C11H17NO3
Peso molecular 211.26 g/mol
Punto de fusión 128–129 °C
Número CAS 54-04-6
SMILES NCCC1=CC(OC)=C(OC)C(OC)=C1

A mescalina (trimetoxifeniletilamina) é unha droga alcaloide de orixe vexetal con propiedades psicodélicas e alucinóxenas. Foi illado do peiote, e está tamén presente nalgunhas outras cactáceas como o San Pedro. As formas vexetais acostuman tomarse tras seca-lo cacto, xa que os seus principios activos non son volátiles.

Fórmula química

[editar | editar a fonte]
Estrutura química da mescalina

A súa fórmula química é 3,4,5-trimetoxifeniletilamina. A súa estrutura química é, pois, parecida a da adrenalina.

A molécula de mescalina é unha fenetilamina, relacionada estruturalmente co neurotransmisor noradrenalina. A síntese química desta molécula é posible, pero é relativamente custosa.

A mescalina foi utilizada con fins diversos. Tradicionalmente tivo un rol esencial en rituais relixiosos, entre nativos americanos, os cales consideran esta substancia como promotora de apertura espiritual. Habendo penetrado noutras culturas, a mescalina foi utilizada con propósitos recreativos, pero tamén, como entactóxeno, para facilitar a psicoexploración.

A mescalina fabricouse antes do primeiro de xuño de 1966, na República Federal Alemá, para fins terapéuticos. Despois desta data, foi prohibida a súa produción, venda e uso.

A mescalina entra na composición doutras substancias a base da anfetamina sobre todo o "DOM" (DI hidroxy Methylarnphetamina). O uso da mescalina non se estendeu senón moi pouco en Europa Occidental e en Francia, onde non é utilizada senón por algúns iniciados e non é obxecto dun tráfico organizado.

A mescalina preséntase en forma de po branco cristalizado que a fai parecerse á cocaína. Pode presentarse tamén en forma de pastillas ou de solución. A causa do seu gusto metálico moi desagradable e do seu cheiro nauseabundo, esta presentase xeralmente en forma de cápsulas.

Os efectos da mescalina son notablemente potentes. O sentido agudízase e as impresións visuais intensifícanse considerablemente, a vontade transfórmase, pérdese interese polas cousas, hai desdobramento de personalidade e a mente divídese en dous mundos. Prodúcense visións a través da imaxinación inconsciente sen ningunha orde asociativa lóxica. Tódolos seus efectos enteóxenos son similares aos producidos pola inxestión do peiote.

Entre os efectos que produce a súa inxestión están visións e alucinacións, distorsión das coordenadas espazo-temporais, e alteracións do esquema corporal. Os seus efectos varían en función do ánimo do consumidor, as súas expectativas, e o medio que lle rodea, polo que tradicionalmente salientouse a importancia de que o uso desta droga fora unido a preparativos moi concienciudos: os efectos poderían resultar impredecibles.

Comprobouse que o succinato sódico proporciona un elemento que facilita as oxidacións no tecido cerebral, cando as oxidacións doutras substancias quedaron inhibidas pola acción da mescalina. Esta acción antídota varía gradualmente segundo as características de cada persoa. O efecto é transitorio e o acurtamento da psicose mescalínica, pequeno.

A mescalina inxírese ou fúmase. É soluble na auga e no alcol. Pódese pois inxectar ou pódese encontrar en forma de solución. A dose é de 200 a 500 mg.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre medicina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.