Mesa de Salomón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Mesa de Salomón (de Salomón, rei de Israel, 978-931 a. C.), mito coñecido tamén polos nomes de Táboa de Salomón e Espello de Salomón, é o motivo dunha lenda que conta que nela o rei escribiu todo o coñecemento do universo, a fórmula da creación e o nome verdadeiro de Deus: o Shem Shemaforash, que non pode escribirse xamais e que só debe pronunciarse para provocar o acto de crear.

Segundo a tradición cabalística, Salomón confíao a unha forma xeroglífica de alfabeto sagrado que, aínda que evita a escritura do Nome, contén as pegadas necesarias para a súa dedución. Este xeróglifo ten como soporte material un obxecto: a chamada Mesa de Salomón.[1]

De acordo con esta lenda, a transcendencia da táboa está en que dará ao seu propietario o coñecemento absoluto (xa que o pronunciar o nome de Deus significa abarcar toda a súa creación), pero o día que sexa encontrada a fin do mundo estará próxima.

Descrición[editar | editar a fonte]

Hai tantas descricións da Mesa como cronistas do mito:

  • Segundo o Ajbar Machmua, unha crónica bérber do século XI, é unha mesa cuxos bordos e pés, en número de 365, eran de esmeralda verde.
  • Al-Macin asegura que estaba composta por unha mestura de ouro e prata con tres zanefas de perlas.
  • Segundo as ordes de Yavhé, debería estar feita de madeira de acacia e cuberta de ouro puro, sen prata nin perlas,[2] aínda que na descrición que fixo Salomón só menciona que era de ouro.[3]

Existe a teoría de que a Mesa de Salomón descrita polos musulmáns españois era a Tabula Smaragdina, atribuída a Hermes Trismegisto:

"Esta Mesa de Esmeraldas tense dito que era a Táboa-Mesa de Salomón. O seu nome recorda a Táboa Esmeraldina do hermetismo alquimista, que dá título a un dos textos herméticos atribuído a Hermes e gravado nunha táboa de esmeralda dunha soa peza".[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Eslava Galán, El enigma de la mesa de Salomón.
  2. Éxodo, cap. 25, vers. 23 e ss.
  3. I Reis, cap. 7 vers. 48
  4. Almazán de Gracia, Ángel (1994): "De Numancia a Montségur". Revista de Soria, 6.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Arroyo Durán, Fernando (2006): Hispania incógnita ("Zulema y la leyenda de la Mesa del rey Salomón", cap. XIV, páxs. 223 e ss.) Editorial Aguilar. ISBN 84-03-09733-6 [1]
  • Carmona Sánchez, José Ignacio (2011): Toledo y la Mesa de Salomón; entre Escila y Caribdis. Ledoria. ISBN 978-84-95690-94-4 [2]
  • Eslava Galán, Juan: El enigma de la mesa de Salomón. Editorial Osuna. ISBN 84-08-01192-8
  • Rubiera Mata, María Jesús (1980): "El enigma de la mesa de Salomón". Awraq: Estudios sobre el mundo árabe e islámico contemporáneo, 3, páxs. 26-31.