Mellora vexetal
A mellora vexetal é a técnica para cambiar a xenética de plantas en beneficio da humanidade.[1] Existen varias aproximacións á mellora xenética: a máis simple, consiste en seleccionar as plantas máis vigorosas a fin de que actúen de parentais durante cruces dirixidos, o que en principio transmitirá ese vigor á proxenie; no entanto, existen técnicas moleculares máis avanzadas que axudan a esta selección.
A mellora vexetal é unha disciplina de miles de anos de antigüidade, próxima á orixe da civilización. Hoxe en día, practícana granxeiros e xardineiros, así como melloradores vexetais empregados por institucións do goberno, universidades e industrias do sector.
O seu obxectivo, o desenvolvemento de variedades de maior produtividade, resistencia a patóxenos, resistencia a tensión ou de liñas adaptadas a condicións locais.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Poehlman JM, Sleper DA. "Chapter 3". Breeding Field Crops (4th ed.). Iowa State Press. ISBN 0-8138-2427-3.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- FAO - GIPB - Iniciativa de colaboración mundial para o fortalecemento da capacidade de fitomelloramento
- Agrobase Arquivado 17 de xuño de 2021 en Wayback Machine.
- Bauble Arquivado 07 de marzo de 2016 en Wayback Machine.
- Seedorg