Melitaea parthenoides
Melitaea parthenoides | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Melitaea parthenoides | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
|
A Melitaea parthenoides é unha bolboreta da familia Nymphalidae descrita por Keferstein en 1851. Pódese atopar no sur de Europa occidental, máis especificamente na Península ibérica, ao suroeste de Francia e Alemaña, partes dos Alpes italianos, Ligures e Cottianos, e algunhas rexións de Suíza.[1]
Descrición
[editar | editar a fonte]A envergadura das súas ás é de entre 28 a 34 mm. En climas secos, con clima favorable os adultos son bivoltinos, voan en dúas xeracións, de maio a xuño e de agosto a setembro. En altitudes altas, é univoltina cunha xeración de xuño a xullo.[2]
-
♂
-
△ ♂
-
♀
-
♀ △
As eirugas aliméntanse da especie Plantago, pero principalmente Plantago lanceolata.
Hábitat
[editar | editar a fonte]Zonas con herba, abertas con flores, límites de bosques.[3]
Bioloxía
[editar | editar a fonte]A eiruga aliméntase de Plantago lanceolata, Plantago alpina, e Plantago media.
Ovos agrupados no envés das follas, as eirugas aliméntanse e hibernan en grupo, dispersándose nos seus últimos estadios de crecemento.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ (en inglés) http://www.butterfliesoffrance.com/html/Melitaea%20parthenoides.htm Melitaea parthenoides
- ↑ (en alemán) http://www.lepiforum.de/lepiwiki.pl?Melitaea_Parthenoides Melitaea parthenoides
- ↑ 3,0 3,1 Tolman e Lewington ISBNː84-87334-36-9
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- lepiforum.eu
- funet.fiArquivado 14 de abril de 2012 en Wayback Machine.
- Fauna Europaea Arquivado 21 de setembro de 2016 en Wayback Machine.