Melekeok
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Palau | ||||
| Lista (pt) | Melekeok (pt) | ||||
| Capital de | |||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 299 (2012) | ||||
| Xeografía | |||||
| Altitude | 61 m | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Fuso horario | |||||
Melekeok é unha localidade e un dos dezaseis estados das illas Palau. Desde o 7 de outubro de 2006, a localidade de Melekeok converteuse na sede do goberno das Palau, substituíndo a Koror como capital da nación.
Situación
[editar | editar a fonte]Melekeok está situada na costa oriental da maior das illas do arquipélago das Palau: Babeldaob. As súas coordenadas xeográficas son: 7º 30' N e 134º 37' L.
Demografía
[editar | editar a fonte]Segundo o censo de 2000, no estado de Melekeok viven 239 persoas, que se distribúen entre sete aldeas, entre as que está incluída Melekeok, a capital, e que son:
- Melekeok
- Ertong
- Ngeburch
- Ngeremecheluch
- Ngermelech
- Ngerubesang
- Ngeruling
Melekeok ocupa unha área de 11 km², e está situada entre Ngchesar ao sur r Ngiwal ao norte.
O lago Ngardok de Melekeok é o maior depósito de auga de toda a Micronesia e esténdese por unha superficie de 4.93 km²; posúe unha pequena poboación de crocodilos de mar (Crocodylus porosus).
Galería de fotos
[editar | editar a fonte]- O Estado de Melekeok nun mapa topográfico
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Commons ten máis contidos multimedia sobre: Melekeok |
