Melchor Sangro Rueda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Melchor Sangro Rueda
Melchor Sangro Rueda.JPG
Nacemento6 de xaneiro de 1841
 A Coruña
Falecemento30 de xaneiro de 1909
 Madrid
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Melchor Sangro Rueda, conde da Almina, nado na Coruña o 6 de xaneiro de 1841 e finado en Madrid o 30 de xaneiro de 1909, foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e licenciouse na Universidade de Madrid en 1865. Foi elixido deputado a Cortes polo distrito de Santiago nas eleccións de 1865, volveu ser elixido deputado polo distrito de Carral nas eleccións de abril de 1872 e por Corcubión nas de agosto de 1872. Foi secretario e encargado de negocios das legacións de España en Berlín, Florencia e Berna.[1] Na Restauración foi senador pola provincia de Pontevedra de 1877 a 1881, cando foi nomeado senador vitalicio.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]