Melchor Méndez Magariños

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Melchor Méndez Magariños, nado en Pontevedra o 6 de novembro de 1885 e finado en Montevideo o 28 de novembro de 1945, foi un pintor e gravadista galego-uruguaio.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Con catro anos de idade chegou coa familia ao Uruguai. Aos doce anos comezou os seus estudos de debuxo con Pío Collivadino e posteriormente ampliou os seus coñecementos na Escola de Belas Artes de Buenos Aires. Nesa cidade participou canda outros artistas na creación das pinturas murais do Teatro Colón, mentres que en Uruguai colaborou nas pinturas da Capela do Santísimo da Catedral de Montevideo. En misión oficial, realizou unha viaxe a Europa onde frecuentou o obradoiro de André Lhote, e recibiu as influencias de expresionistas do movemento fauvista como Raoul Dufy ou Othon Friesz. Nesa mesma viaxe realizou en Alemaña moitas das súas acuarelas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]