Mehmed IV

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMehmed IV

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(ota) محمد رابع Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento2 de xaneiro de 1642 Editar o valor em Wikidata
Constantinopla Editar o valor em Wikidata
Morte6 de xaneiro de 1693 Editar o valor em Wikidata (51 anos)
Edirne Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaIstambul Editar o valor em Wikidata
Sultán do Imperio Otomán
12 de agosto de 1648 – 8 de novembro de 1687
← Ibrahim I (pt) TraducirSuleiman II (pt) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeImperio Otomán Editar o valor em Wikidata
RelixiónIslam Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónSultán , gobernante Editar o valor em Wikidata
Familia
FamiliaDinastia Otomana (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParellaSiyavuş Sultan (pt) Traducir
Emetullah Rabia Gülnûş (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosMustafa II (pt) Traducir
 () Emetullah Rabia Gülnûş (pt) Traducir
Şehzade Selim (IV. Mehmed'ın oğlu) (en) Traducir
Ümmü Gülsüm Sultan (en) Traducir
Hatice (pt) Traducir
 ()
Ahmed III (pt) Traducir
 () Emetullah Rabia Gülnûş (pt) Traducir
Fatma Emetullah Sultan (en) Traducir
 () Editar o valor em Wikidata
PaisIbrahim I (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Turhan Sultan (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsSuleiman II (pt) Traducir, Ahmed II (pt) Traducir e Gevherhan (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Osmanlı-23

Mehmed IV (en turco otomán: محمد رابع Meḥmed-i rābiʿ; en turco moderno: IV. Mehmet), tamén coñecido como Avcı Mehmet (Mehmed o Cazador), nado en Constantinopla o 2 de xaneiro de 1642 e finado en Edirne o 6 de xaneiro de 1693, foi o sultán do Imperio Otomán entre 1648 e 1687. Chegou ao trono aos seis anos, despois de que o seu pai fose derrocado nun golpe de estado. Mehmed tivo o segundo reinado máis longo dun sultán despois de Suleiman o Magnífico.[1] Mentres que os primeiros e últimos anos do seu reinado caracterizáronse por derrotas militares e inestabilidade política, durante os seus anos medios viron o renacemento do imperio asociado coa era Köprülü.

Mehmed IV foi coñecido polos seus contemporáneos como un gobernante piadoso e foi referido como gazi ou "guerreiro santo" polo seu papel nas moitas conquistas realizadas durante o seu dominio.[2] Baixo o seu reinado, o imperio alcanzou o máis alto da súa expansión territorial en Europa. Dende novo desenvolveu un grande interese na caza, polo que foi coñecido como avcı ("o cazador").[1] En 1687, Mehmed foi derrocado por soldados desencantados polo curso da guerra da Liga Santa. Posteriormente retirouse a Edirne, onde viviu ata a súa morte por causas naturais en 1693.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

O mozo emperador Mehmed IV

Nado no palacio Topkapı, Constantinopla, en 1642, Mehmed era fillo do sultán Ibrahim (r. 1640–48) e da Valide Sultan Turhan Hatice, concubina de orixe ucraína,[3][4] e neto de Kösem Sultan de orixe grega.[5] Pouco tempo despois do seu nacemento, o seu pai e a súa nai tiveron unha rifa violenta, e Ibrahim enfureceuse tanto que arrincou a Mehmed dos brazos da nai e o lanzou a un pozo. Mehmed foi rescatado por serventas do seu harén.

Mehmed ascendeu ao trono en 1648, aos seis anos,[6][7]}} durante un período convulso da dinastía otomá. O imperio encaraba intrigas no palacio, ademais de levantamentos en Anatolia, a derrota da mariña otomá polos venecianos fóra dos Dardanelos, e desabastecemento de comida que provocou revoltas en Constantinopla. Baixo estas circunstancias, a nai de Mehmed deu a Köprülü Mehmed Pasha plenos poderes executivos como gran visir. Köprülü asumiu o cargo o 14 de setembro de 1656.[8]

Sultanato[editar | editar a fonte]

O seu sultanato é significativo debido a un breve florecemento do poder otomán, dirixido en maior medida polo firme e inflexible Gran Visir, Mehmed Köprülü. Köprülü recobrou as illas Exeas, que estaban en mans de Venecia, e combateu en triunfantes campañas militares fronte a Transilvania (1664) e Polonia (1670–1674). En certo momento, os dominios otománs estiveron moi preto de alcanzar unha ampliación cara a Podolia e Ucraína.

O novo visir Kara Mustafa Paşa foi menos capaz. Apoiando a insurrección húngara de Imre Thököly (1683) contra o dominio austríaco, Kara Mustafá Paşá marchou cun poderoso exército a través de Hungría e sitiou Viena na batalla de Viena. Nas elevacións de Kahlenberg, os otománs foron derrotados de forma brutal polo exército imperial austríaco baixo o mando de Carlos V, Duque de Lorena, e os polacos con ánimo de vinganza, dirixidos polo seu rei, Xoán III Sobieski. Kara Mustafa Paşa foi estrangulado en Belgrado por orde de Mehmed IV e a súa cabeza foi colocada nunha columna no exterior do antigo palacio imperial en Edirne; porén, isto non foi abondo para salvar o trono do sultán, que foi deposto e encarcerado en Edirne, preto dos seus coutos de caza favoritos, pasando alí o resto da súa vida xunto a dúas concubinas.

Familia[editar | editar a fonte]

Consortes

Mehmed tivo dúas consortes:

Fillos
  • Mustafa II (3 de xuño de 1664 – 29/30 de decembro de 1703), fillo de Gülnuş Sultan;
  • Ahmed III (31 de decembro de 1673 – 1 de xullo de 1736), fillo de Gülnuş Sultan;
  • Şehzade Bayezid (15 de decembro de 1678 – 18 de decembro de 1678, enterrado no mausoleo de Sultan Mustafa I Mausoleum, Hagia Sophia);[9]
Fillas
  • Hatice Sultan (1668[9] – Edirne, 5 de xullo de 1743, enterrada na mesquita nova de Istambul),[10] filla de Gülnuş Sultan, casada primeiro o 9 de xullo de 1675 con Musahip Mustafa Pasha, e despois o 13 de marzo de 1691 con Moralı Hasan Pasha;[11][9]
  • Ümmügülsüm Sultan (1672 – falecida de varíola o 21 de decembro de 1700, enterrada na mesquita nova de Istambul), filla de Gülnuş Sultan, prometida en 1675 con Kara Mustafa Pasha, casada o 13 de xaneiro de 1694 no palacio de Edirne con Silahdar Çerkes Osman Pasha;[12][13]
  • Fatma Sultan (falecida no palacio de Eyüp o 5 de decembro de 1700, enterrada na mesquita nova de Istambul), filla de Gülnuş Sultan, casada primeiro o 19 de xaneiro de 1696 no palacio Topkapı con Tırnakçı Çerkes Ibrahim Pasha, e posteriormente con Vezir Mısırlı Mehmed Pasha;[14][13]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Börekçi, Günhan (2009). "Mehmed IV". En Ágoston, Gábor; Bruce Masters. Encyclopedia of the Ottoman Empire. p. 370-1. 
  2. Baer, Marc David (2008). Honored by the Glory of Islam: Conversion and Conquest in Ottoman Europe. Oxford University Press. pp. 165. ISBN 978-0-19-979783-7. 
  3. Afyoncu; Uğur Demir, Erhan (2015). Turhan Sultan. Istambul: Yeditepe Yayınevi. p. 27. ISBN 978-605-9787-24-6. 
  4. Baer, Marc David (2008). Honored by the Glory of Islam: Conversion and Conquest in Ottoman Europe. Oxford University Press. pp. 35. ISBN 978-0-19-979783-7. 
  5. Finkel, Caroline (2005). Osman's Dream: The Story of the Ottoman Empire, 1300-1923. Nova York: Basic Books. p. 197. ISBN 978-0-465-02396-7. 
  6. Adoita dicirse que tiña sete anos cando subiu ao trono, polo método turco de cálculo da idade.
  7. Baer, Marc David (2008). Honored by the Glory of Islam: Conversion and Conquest in Ottoman Europe. Oxford University Press. p. 27. ISBN 978-0-19-979783-7. 
  8. Streusand, Donald E., Islamic Gunpowder Empires: Ottomans, Safavids, and Mughals (Boulder, Colo.: Westview Press, 2011), p. 57.
  9. 9,0 9,1 9,2 9,3 Agha, Silahdar Findiklili Mehmed (2012). ZEYL-İ FEZLEKE (1065-22 Ca.1106 / 1654-7 Şubat 1695). pp. 530, 752–53, 1095, 1290. 
  10. Sakaoğlu 2008, p. 380.
  11. Uluçay 2011, p. 109.
  12. Uluçay 2011, p. 111.
  13. 13,0 13,1 Agha, Silahdar Findiklili Mehmed (2001). Nusretnâme: Tahlil ve Metin (1106-1133/1695-1721). pp. 135, 458–9. 
  14. Uluçay 2011, p. 110.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • Sakaoğlu, Necdet (2008). Bu mülkün kadın sultanları: Vâlide sultanlar, hâtunlar, hasekiler, kadınefendiler, sultanefendiler. Oğlak Yayıncılık. ISBN 978-9-753-29623-6. 
  • Uluçay, Mustafa Çağatay (2011). Padişahların kadınları ve kızları. Ankara, Ötüken.